Papamoscas cincento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papamoscas cincento
Muscicapa striata
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Passeri
Infraorde: Passerida
Superfamilia: Muscicapoidea
Familia: Muscicapidae
Xénero: Muscicapa
Especie: M. striata
Nome binomial
Muscicapa striata
(Pallas, 1764)

O papamoscas cincento (Muscicapa striata) é unha especie de ave paseriforme, suborde dos Passeri, infraorde dos Passerida, superfamilia dos muscicapoideos e familia dos muscicápidos, pertencente ao xénero Muscicapa.

De pequeno tamaño, ten unha lonxitude de 13,5 a 15 cm.

Hábitat[editar | editar a fonte]

O papamoscas busca zonas de arboredos onde as árbores preséntense pouco densas e con espazos entre as súas ponlas. Tamén en zonas urbanas, campo aberto, hortos, cultivos, xardíns etc. O hábitat difire dunha a outra rexión de Europa.

Dieta[editar | editar a fonte]

O papamoscas cincento aliméntase de insectos voantes, principalmente dípteros e himenópteros pero tamén lepidópteros, coleópteros etc. Posúe unha técnica de caza moi particular, atrapando aos insectos ao voo dende unha ponla que domine o seu territorio á que volverá tras conseguir a presa, é dicir, realizando voos curtos. Os insectos son cazados nas proximidades inmediatas ás árbores, o que explica a necesidade de ter ponlas exteriores libres de follas sobre o seu territorio. Frecuentemente caza dende un arame do tendido eléctrico, unha corda, un aramado, un poste ou un valado. Máis raramente, pode inxerir bagas de sabugueiro ou outros arbustos.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Pito de Muscicapa striata
Cuculus canorus canorus + Muscicapa striata

A nidificación é efectuada dende finais de maio a finais de xullo, ás veces até en agosto para as derradeira niñadas. O niño, está feito de talos e pequenas raíces secas e é construído nos buratos das árbores ou máis raramente nalgunha cavidade mural, estando situado a unha altura moi variable. A abertura da cavidade debe ser bastante ancha, o que explica que a miúdo as niñadas sexan destruídas por córvidos ou roedores. Frecuentemente efectúan dúas niñadas. O territorio pode ser moi limitado: de 0,2 a 1 ha.

Distribución[editar | editar a fonte]

  • A nivel mundial. Presenta unha distribución euroturquestana, aínda que abrangue toda Europa, dende o norte de Escandinavia até o mediterráneo, incluíndo as grandes illas e o norte de África, incluído Mongolia (polo leste) e parte do Himalaia. A maior parte da poboación europea desta especie atópase en Suecia, Finlandia, Rusia e Belarús.
  • En España, constitúe unha especie nidificante que está presente en todas as comunidades autónomas peninsulares, así como en Baleares.

Migración[editar | editar a fonte]

Migratorio transahariano. A alimentación do papamoscas cincento, convérteo nunha ave necesariamente migratoria. Deixan Europa a partir de agosto até mediados de outubro para establecerse durante o inverno na África tropical, tanto en sabanas como en bosques tropicais. A volta primaveral efectúase a principios de maio. As securas das últimas décadas en Sahel e a desertización crecente provoca unha mortalidade moi elevada nestas aves durante as migracións.

Poboación[editar | editar a fonte]

As poboacións de papamoscas cincento están en decadencia case en toda a súa área de distribución. As causas desta decadencia non son totalmente coñecidas, cabendo supor que entre elas se atopan as securas extremas do Sahel (secas en África), os veráns fríos e húmidos nas súas áreas de reprodución, a desaparición na paisaxe de elementos tales como as sebes ou verxeis, así como o emprego de praguicidas nas hortas, son unhas causas moi probables. A conservación dos vellos verxeis é pois unha das medidas de conservación favorables para a especie. Tamén afectan ás poboacións desta especie a caza ilegal realizada por paxareiros.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • SHARROCK, J. (edit.). (The atlas of breeding birds in Britain and Ireland. T & AD Poyser. Calton (1976).
  • HERRERA, C. Evolución estacional de las comunidades de paseriformes en dos encinares de Andalucía occidental. Ardeola (1980).
  • POTTI, J. Las comunidades de aves del Macizo de Ayllón. Tesis doct. Univ. Compl. Madrid (1985).
  • CARNERO, J. & S. PERIS. Atlas ornitológico de la provincia de Salamanca. Deputación. Salamanca (1988).
  • TUCKER, G.M. & M.F. HEATH (eds.). Birds in Europe: their conservation status. BirLife Intern. Cambridge (1994).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]