Alexis Ruano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alexis
Nome completo: Alexis Ruano Delgado
Alcume: '
Data de nacemento: 4 de agosto de 1985
(28 anos)
Lugar de nacemento: Málaga, España
Data de falecemento: {{{datafalecemento}}}
Lugar de falecemento: {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}}
Nacionalidade: España
Club actual: Sevilla FC
Posición: Defensa central ou lateral
Altura: 1,83 metros
Partidos internacionais:
Goles:
Ano do debut: 2004
Club do debut: Málaga CF
Ano do retiro: {{{anoretiro}}}
Club do retiro: {{{clubretiro}}}

Alexis Ruano Delgado, nado en Málaga o 4 de agosto de 1985, é un futbolista español. Actualmente milita nas filas do Sevilla FC.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É un defensa central que posúe un gran manexo do xogo aéreo, aínda que tamén pode xogar de lateral dereito ou esquerdo, posto no que debutou co Málaga CF.

Nese club militou dous anos, tras os cales fichou polo Getafe CF tendo un papel importante no club madrileño no ano en que chegaron á semifinal da Copa da UEFA, acumulando un total de 30 partidos ao longo de toda a tempada e con dous goles. No seu paso polo club azulón, o Real Madrid, o Valencia CF e o FC Barcelona viron que era un xogador de moita calidade e querían fichalo. Pero ao final, no verán de 2007 anunciouse a súa fichaxe polo Valencia CF, pechado desde o mercado invernal, desembolsando o club 6,5 millóns de euros polos servizos do xogador por 6 tempadas.

Tras tres tempadas no club de Mestalla marcadas pola irregularidade no seu xogo, varias lesións e non cumprir as expectativas, quedando relegado ao banco o Valencia decide vendelo. O 24 de agosto de 2010 confirmouse a súa fichaxe polo Sevilla FC por seis tempadas cun custo de 5 millóns de euros.

Clubes[editar | editar a fonte]

Actualizado a 23 de agosto de 2010.

Club País Período Liga
PX (G)
Copa
PX (G)
Málaga B España 2001-2004 50 0
Málaga CF España 2004-2006 53 1
Getafe CF España 2006-2007 31 4
Valencia CF España 2007-2010 74 3
Sevilla FC España 2010- presente 0 0

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club/Selección País Ano
Europeo sub-19 Selección española España 2004
Copa do Rei Valencia CF España 2008

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]