Pedro Pablo Hernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pablo Hernández
Tucu Hernández en 2017.
Información persoal
Nome Pedro Pablo Hernández
Nacemento 24 de outubro de 1986
Lugar de nacemento San Miguel de Tucumán
Altura 1.85 m
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Independiente
Carreira xuvenil
–2005 Racing Club
2005–2006 Atlético Tucumán
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2008 Atlético Tucumán 35 (12)
2008–2009 Racing Montevideo 15 (2)
2009-2010 Defensor Sporting 14 (3)
2010DC United (cedido) 14 (0)
2011–2013 Argentinos Juniors 64 (4)
2013–2014 CD O'Higgins 29 (11)
2014–2018 Celta de Vigo 109 (8)
2018– Independiente 0 (0)
Selección nacional
2014– Chile 23 (3)
Na rede
IMDB: nm9390064 FIFA: 379781 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 5 de marzo de 2018.
Selección: actualizado a 7 de xaneiro de 2018.editar datos en Wikidata ]

Pedro Pablo Hernández, nado o 24 de outubro de 1986 en San Miguel de Tucumán (Provincia de Tucumán) é un futbolista arxentino nacionalizado chileno que xoga na demarcación de centrocampista para o Club Atlético Independiente.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no Atlético Tucumán, de aí foi traspasado a Uruguai, primeiro ao Racing Club de Montevideo e despois ao Defensor Sporting, este último cedeuno ao DC United estadounidense, porén deixou a MLS aos poucos meses.

De volta no cono sur fichou polo Argentinos Juniors, equipo co que debutou en febreiro de 2011. En agosto de 2013 foi traspasado ao CD O'Higgins. En decembro dese ano anotou o gol ante Universidad Católica que lle deu o título do Torneo Apertura ao O'Higgins.

Recentemente nacionalizado chileno[1] o 22 de xaneiro de 2014 foi convocado pola Selección de fútbol de Chile, anotando dous goles no seu debut ante Costa Rica. Porén non puido disputar o Mundial de Fútbol Brasil 2014 a causa dunha lesión.

O 24 de xuño de 2014 fichou polo Celta de Vigo[2], a petición expresa do novo adestrador celeste Eduardo Berizzo, que o tivera ás súas ordes o ano anterior en O'Higgins[3].

Palmarés[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Torneo Arxentino A Club Atletico Tucuman Arxentina 2007/08
Torneo Apertura Club Deportivo O'Higgins Chile Chile 2013
Supercopa de Chile Club Deportivo O'Higgins Chile 2014

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Daniel Gajardo Torres (18 de decembro de 2013). "O’Higgins se liberó de un cupo extranjero: Pedro Pablo Hernández se nacionalizó chileno". El Tipógrafo (en castelán). 
  2. Rafa Valero (27 de xuño de 2014). "Hernández firma por cuatro temporadas". Marca (en castelán). 
  3. "Pablo Hernández: "Berizzo es un aval para mí"". Marca (en castelán). 20 de xuño de 2014.