Pé grande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O número de informes de avistamentos de pés grandes é relativamente maior nas zonas onde as culturas indíxenas tiñan lendas sobre estes seres.

O Pé grande (do inglés Bigfoot) ou sasquatch,[1] é unha criatura mitolóxica de aspecto simiesco que habita nos bosques, principalmente no noroeste de América do Norte.

A comunidade científica di que as probas existentes non son o suficientemente convincentes, e xeralmente as considera como o resultado da mitoloxía, o folclore ou identificacións erróneas.

Moitos profesionais e académicos afirman que calquera estudo adicional que se poida facer sería unha perda de tempo, pero os partidarios da súa existencia pensan que as evidencias actuais pode que sexan escasas, pero que terán que avaliarse obxectivamente novas evidencias a medida que se vaian presentando.

Outros, incluíndo os integrantes dunha subcultura composta en xeral por afeizoados, continúan investigando e actualmente consideran a existencia do sasquatch como certa, e que sería un posíbel descendente dos Gigantopithecus.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

Debuxo do (suposto) Pé grande.

As testemuñas xeralmente indican características similares: unha gran criatura simiesca bípede, normalmente dunha altura de 1,83 a 2,13 m e dun peso de aproximadamente 160 kg, con amplos ombros e estrutura robusta. A cabeza é pequena, puntiaguda e baixa; en ocasións fálase dunha crista na parte superior do cranio. Os ollos descríbense xeralmente como pequenos e ocultos baixo unha fronte pronunciada. A excepción da cara, mans e pés, unha fina capa de pelo cobre o seu corpo; a pelaxe é de cor normalmente parda ou negra, aínda que algúns din que é rubia, de cor crema ou con brillos prateados.

As enormes pegadas, similares na forma ás dun pé humano, déronlle o sue nome en inglés. O ecoloxista Robert Michael Pyle descríbeas así: "As pegadas normalmente miden de 38 a 45 cm de lonxitude e de 18 a 21 cm de largo. Teñen cinco dedos".

Asóciaselle un forte e desagradábel cheiro, semellante ao das feces fecais, á das augas residuais (cloacas) ou ao da suor humana, segundo versións.

Os sons que emite descríbense como agudos chíos ou asubíos, ou ben gruñidos graves, ao igual que o Ieti, polo que algúns criptozoólogos sosteñen que podería ser unha especie emparentada con el, que quizais chegou a América a través do Estreito de Bering durante a última glaciación, tal e como fixeron os antepasados dos pobos amerindios e diversas especies de animais.

Con respecto á súa alimentación, o antropólogo Grover Krantz di que "moitos observadores describiron os alimentos que consumen os sasquatch; pero é unha cuestión de opinión saber cantos destes informes son exactos". Tamén agrega que "a grandes trazos, describiríao como omnívoro. É principalmente un vexetariano, e pódese describir como un carnívoro ocasional".

A maioría dos avistamentos son nocturnos, o cal fai pensar que se trata dunha criatura de hábitos nocturnos. Algunhas testemuñas mencionan algo que Pyle denomina como "brillo avermellado ocular", similar ao brillo dalgúns animais nocturnos. Normalmente avístanse individuos solitarios, raramente en pares ou en grupos familiares, e son máis comúns os avistamentos de machos que os de femias.

Influencia na cultura popular[editar | editar a fonte]

Xa sexa unha criatura verdadeira ou non, o pé grande ten un grande impacto como fenómeno cultural. A maioría da xente en América asimila rapidamente os significados das palabras "pé grande" ou "sasquatch", que se empregan para designar moitos produtos, como monos, monopatíns, esquís, un motor de búsqueda de Mononet e os monster truck.

  • Na década de 1980 unha película Harry and the Hendersons, que logo deu lugar a unha serie de televisión a partir de 1991, de tres temporadas e co mesmo título, nas cales a familia Henderson atropela accidentalmente un pé grande ao que alcuman Harry e adoptan como parte da familia.
  • Escribiuse moito sobre o tema, cunha ampla variedade de puntos de vista: desde espeluznantes tabloides até un pequeño número de estudos serios.
  • Realizáronse diversas novelas e varias película, así como un personaxe de cómic da compañía Marvel Comics chamado Sasquatch.
  • No videoxogo de Microsoft, Zoo Tycoon na edición Complete Colection é posíbel adoptar un Bigfoot.
  • Na serie Six Million Dollar Man hai un capítulo onde aparece esta figura, aínda que en realidade, era un robot extraterrestre, camuflado con esa aparencia para afastar aos visitantes.
  • No videoxogo de Capcom titulado Darkstalkers aparece un personaxe chamado Sasquatch, aínda que as súas características correspóndense máis ben coas dun Ieti, xa que é de pelaxe branca e o seu escenario é unha rexión nevada similar ao Himalaia.
  • Na expansión do videoxogo Red Dead Redemption de Rockstar Games chamada "Pesadelo dos non mortos" ("Undead Nightmare" en inglés), aparecen Bigfoots nos bosques das montañas.
  • Na serie Os Simpsons hai un capítulo onde se confunde a Homer co Pé grande.
  • No capítulo Spanish Fry da serie de animación Futurama, ridiculízase aos que cren no Bigfoot (incluído o propio Fry), pero ao final do episodio demóstrase a súa existencia.
  • Na película Tenacious D in The Pick of Destiny, Jables (Jack Black) afirma que o seu paie é o Sasquatch.
  • No xogo online LastChaos aparecen unhas bestas chamadas Sasquatch.
  • En iCarly hai un capítulo titulado I Believe in BigFoot (traducido en español como Creo en el Pie Grande), no que a protagonista (Carly) se interna nun bosque cos seus amigos para probar a existencia de Bigfoot.
  • No videoxogo de Electronic Arts chamado Need for Speed III Hot Persuit pódese ver un Pé grande na etapa Summit do modo persecución.
  • Noutro videoxogo de Electronic Arts, The Sims 2: bon voyage, pódese encontrar un Bigfoot no destino vacacional de montaña e bosque. En contra do que se pode pensar, é moi cariñoso, sobre todo cos nenos. Na versión española esta criatura está mal traducida como Yeti.
  • Na serie de Nickelodeon Barnyard, Pé grande aparece como un personaje secundario que se fixo amigo dos protaganistas. Aparece nunha versión algo fantástica (pode voar, cantar, aparecer como xuíz, etc.).
  • Na serie de televisión MacGyver, na temporada 3, episodio 4 ("Barco fantasma"), MacGyver, en representación da Fundación Phoenix, debe marcar un extenso territorio dos bosques de Norteamérica que será declarado como reserva natural. Porén, ao achar un enorme e oxidado barco nun dos lagos da zona, intenta establecer contacto cos homes de a bordo. Ao non obter resposta, a súa curiosidade lévao a inspeccionar o por que unha nave destas características se encontra abandonada nese lugar e, ao aventurarse dentro do barco, é atacado por unha criatura cuxa descrición corresponde á do Sasquatch. Aínda que durante o desenvolvemento da trama se descubre que a criatura era un home disfrazado como tal coa finalidade de afastar aos curiosos mentres un grupo de ladróns de petróleo desviaba o leito do cru para facer contrabando, ao final do episodio MacGyver e Karin escoitan nas afastadas montañas o mesmo gruñido que utilizaban os ladróns para asustar a quen se atrevera a investigar na zona, dando por sentado, en palabras do propio MacGyver, que, aínda que por un momento creu que realmente fora atacado por un monstro semellante, non descartaría nunca a posibilidade da existencia dunha criatura descoñecida na vastedade das terras salvaxes de Norteamérica.

Turismo[editar | editar a fonte]

Existen convencións anuais relacionadas co Bigfoot. Esta criatura desempeña un papel importante no turismo no noroeste dos Estados Unidos e do Canadá; por exemplo, existe unha festividade chamada Sasquatch Daze, en Harrison Hot Springs (Columbia Británica). O Bigfoot converteuse nun gran negocio nalgunhas partes de Norteamérica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O termo sasquatch procede da lingua salish —unha das linguas amerindias— que significa 'home salvaxe'.
  2. Gigantopithecus (literalmente 'mono xigante') é un xénero extinto de primates que viviu no Plistoceno, aproximadamente entre hai 5 milóns e 100 mil anos, na China, na India e no Vietnam, habitando o mesmo lugar e en épocas similares ás dos primeiros homínidos como, por exemplo, o Homo erectus. Os fósiles encontrados suxiren que o Gigantopithecus giganteus foi a maior especie de primate que existiu. Era probabelmente cuadrúpede e herbívoro, sendo o bambú o seu alimento principal, que se completaba con froitas, aínda que algúns paleantropólogos afirman que se trataba dun omnívoro. A razón pola que se extginguiron aínda é obxecto de discusión; algúns investigadores cren que se debeu a cambios climáticos no seu habitat, mentres que outros apuntan, entre outras razóns, á competencia de especies máis adaptadas ao ambiente no que vivían.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pé grande