Capcom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Capcom Co. Ltd ((株式会社カプコン Kabushiki-gaisha Kapukon) é unha empresa xaponesa programadora e distribuidora de videoxogos. Foi fundada en 1979 coma unha empresa creadora e distribuidora de máquinas de videoxogos baixo o nome de Japan Capsule Computers. A súa sede atópase en Osaka, Xapón.

Historia[editar | editar a fonte]

O nome de Capcom provén de Capsule Computers. Nos anos 80, Capcom produciu diversos xogos para máquinas recreativas: Vulgus, 1944, Street Fighter e Final Fight. En 1987, produciu Mega Man para NES. En 1989, produciu Ghouls 'N Ghosts para Sega. En 1991 produciu Street Fighter II para máquinas arcade e para SNES. En 1994 lanzou Breath of Fire, un RPG para SNES. En 1996 lanzou o primeiro Resident Evil para PlayStation, PC Windows e Sega Saturn. Na década dos 2000, xa consolidada a compañía, creou novas series incluíndo: Viewtiful Joe, Okami, Onimusha, Dead Rising e outras. Tamén se introduciu no mercado das descargas dixitais a través de Steam e dos móbiles.