MacGyver
| MacGyver | |
|---|---|
| Formato | aventuras |
| Creado por | Lee David Zlotoff |
| Intérpretes | Richard Dean Anderson |
| País de orixe | Estados Unidos |
| Lingua(s) | inglés |
| Número de episodios | 139 |
MacGyver foi unha serie de televisión estadounidense cuxo protagonista é o personaxe homónimo interpretado por Richard Dean Anderson, un personaxe que se vale da súa destreza intelectual para resolver situacións complicadas.
Historia[editar]
A serie comezou en 1985 e durou 7 anos no aire. Emitiuse orixinalmente na cadea estadounidense ABC. Actualmente os dereitos posúeos a CBS.
A sona de MacGyver vén da súa habilidade para improvisar calquera dispositivo con elementos simples e en grao sumo variados: gomas de mascar, clips, chisqueiros, pneumáticos etc., e a súa inseparable navalla suíza. É un axente secreto cuxa arma máis perigosa é a súa intelixencia. Con tan só a súa mochila repleta de diversos obxectos normais e correntes, sempre é capaz de fabricar toda clase de elementos e de escapar de todos os perigos que se topan no seu camiño, tanto nas súas diversas misións como na súa vida cotiá. Ten parte de boy scout e outra parte de xenio. Nunca usa armas de fogo e sempre evita matar a ninguén.