Oskar Schindler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oskar Schindler
Oskar Schindler
Nacemento: 28 de abril de 1908
Svitavy, República Checa
Falecemento: 9 de outubro de 1974
Hildesheim, República Federal de Alemaña República Federal Alemá
Ocupación: Industrial

Oskar Schindler, nado o 28 de abril de 1908 e finado o 9 de outubro de 1974, foi un industrial e home de negocios alemán que salvou algo máis dun milleiro de xudíos[1] do Holocausto xudeu, contratándoos para a súa fábrica de artículos para a Wehrmacht situada na actual Polonia.

O comezo[editar | editar a fonte]

Schindler naceu en Zwittau, Moravia (actual Svitavy), Bohemia (entón parte do Imperio Austrohúngaro, actualmente na República Checa), no seo dunha rica familia católica que se dedicaba ós negocios. A súa familia sufriu a fame da postguerra da Primeira Guerra Mundial e a Gran Depresión de 1929. Durante a súa nenez e mocidade tivo entre os seus mellores amigos a familias xudías. En 1930 afiliouse ó Partido Nazi por necesidade. Tiña unha irmá á que era moi próximo, Elfriede, 7 anos menor que el.

Durante a Guerra[editar | editar a fonte]

Fábrica de Schindler en Brněnec

Foi un oportunista e hábil home de negocios e non ocultaba a súa afección polas mulleres, as festas e a vida bohemia. Estaba casado con Emilie quen, malia os seus devaneos, profesáballe unha profunda admiración e respecto. Schindler foi reclutado polas SS como informante por un tempo por ser coñecedor dos contactos de comerciantes polacos e xudeus adiñeirados, aproveitándose diso para gañarse a estímaa das altas esferas nazis. Os oficiais nazis vían en Schindler non só a un simpático e agradable donxoán, senón tamén a unha fonte para proverse ocultamente nas festas de damas da alta sociedade alemá, apreciadas pezas e artiluxios do mercado negro. Schindler, grazas a estes contactos, viu unha oportunidade de lucrarse cun negocio durante a invasión de Polonia en 1939, que deu comezo á Segunda Guerra Mundial.

Schindler adquiriu a un baixo prezo unha fábrica en Cracovia, á que nomeou Deutsche Emaillewaren-Fabrik. Esta fábrica coas súas instalacións intactas dedicábase á confección de olas e utensilios de cociña en tempos de paz, pero Schindler adaptou a produción para abastecer á Wehrmacht con utensilios de campaña. Como a man de obra xermana resultaba cara e ademais escasa, resolveu negociar co comandante do campo de labores de Plaszow, o coronel das SS Amon Goeth. Dende este campo enviábanse trens con xudeus seleccionados para os campos de exterminio de Auschwitz, Treblinka e Sobibor.

Schindler negociou con Goeth o arrendamento de man de obra en xudeus aptos para o seu negocio, seleccionando entre eles a un contable moi habilidoso chamado Itzhak Stern. Obtivo inicialmente uns 300 traballadores xudeus para traballar alí, coa axuda de Stern. Os xudeus seleccionados traballaban durante o día na fábrica e na noite volvían custodiados por gardas ao campo. Ademais do pago de arrendamento, Schindler debía render un tributo dos beneficios da produción ao coronel Goeth.

A reconversión[editar | editar a fonte]

Ó pouco, grazas a esta convivencia diaria foronse abrindo paso na conciencia de Schindler os relatos das brutalidades e o destino que os nazis daban ós xudeus baixo o nome de "reinstalación xudía". Schindler comezou a tomar gradualmente conciencia que detrás da explotación sistemática e escrava dos xudeus estaba propiciando unha ideoloxía irracional cara ó xudeu. A súa fábrica era unha fiestra cara unha maquinaría de exterminio masivo. Logo da represión do Gueto de Cracovia da cal Schindler foi testemuña, comezou a mudar a súa actitude cara aos xudeus.

Hábilmente negociou co coronel Goeth xudeu por xudeu, pagándolle unha suma determinada de diñeiro para que cada un deles fose empregado na súa fábrica. Os xudeus eran inscritos nunha lista por Stern. Cando o negocio das olas xa non era satisfactorio coa Wehrmacht cambiou o rubro á produción de cápsulas de artillería para poder manter en pé a fábrica e así ampliar a solicitude de maior man de obra e tamén manter a salvataxe de xudeus dende Plaszow.

Schindler deu instrucións para que unha parte das cápsulas tivesen defectos de fabricación, en especial as de 88 mm e 75 mm coidando de non caer en evidencia de sabotaxe. Ó principio poida que se sentíse moi motivado polo diñeiro (por exemplo, escondendo aos ricos inversores xudeus), pero logo comezou a protexer ós seus traballadores sen ter en conta o beneficio económico. Schindler, grazas á súa habilidade, puido protexer ós xudeus da súa fábrica e salvalos de morrer nos campos de exterminio. A finais de 1944 Schindler puido salvar máis dun milleiro de xudeus, quedando case na bancarrota.

Despois da guerra[editar | editar a fonte]

Tumba de Schindler en Xerusalén

Unha vez liberado o campo de Plaszow polos soviéticos, o coronel Goeth foi aforcado no mesmo campo despois dun xuízo sumario. Despois da guerra Schindler emigrou a Arxentina onde estaba a súa muller, xa que a pesar de axudar ós xudeus, foi buscado por pertencer ás SS. Dedicouse ó negocio da cría de galiñas e lontras.

O goberno de Israel liberouno da persecución en 1955. En 1958 separouse de Emilie e volveu fracasado a Alemaña, xa que os seus negocios en terras arxentinas non prosperaron.

En 1960, o goberno de Israel recoñeceu fondamente a súa iniciativa salvadora para cos prisioneiros de Plaszowr. Foi declarado “Xusto entre as Nazóns” polo memorial de Yad Vashem o 1 de xullo de 1967, permitindoselle plantar unha árbore na Avenida dos Xustos, en Xerusalén, e intentou socorrelo económicamente unha vez que este retornou definitivamente a Alemaña, pero el amablemente rexeitouno e faleceu en Hildesheim á idade de 66 anos, na maior indixencia, en 1974. Foi sepultado no cemiterio católico de Xerusalén.[1]

Cinema[editar | editar a fonte]

A súa historia fíxose famosa a raíz da película A lista de Schindler dirixida por Steven Spielberg interpretada por Liam Neeson. A película mostra a súa vida dende a época de negociante, o desenvolvemento da súa vida na guerra e como as súas axudas e negocios axudaron a salvar a vida de moitos xudeus.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A lista dos xudeus salvados por Schindler pode lerse e contarse e o seu número ascende exactamente a 1.098. Outras fontes, como esta carta de Isaak Stern parecen indicar que o número podería ser lixeiramente maior

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]