Conversa:Oskar Schindler

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

No primeiro parágrafo dise que "salvou uns 1100 xudíos do Holocausto Nazi", pero máis adiante afírmase que "A finais de 1944 Schindler puido salvar uns 1.200 xudeus polacos". ¿Pode alguén confirmar cal foi a cifra exacta (ou aproximada) para que os datos do artigo sexan coherentes? Pedro --Lameiro (conversa) 14:38, 11 abril 2008 (UTC)

  • Na lista aparecen 1098 [1] pero segundo un dos seus empregados foron 80 máis, enfermos procedentes dun hospital [2]. --Arco de Rayne 15:34, 11 abril 2008 (UTC)
Desculpade, é moi tarde e estou ministreando de aquí pra acolá... A dúbida de Lameiro é moi rigorosa, e debería incorporarse esa resposta da conversa ao texto do artigo, como referencia. Non? --Xabier Cid 00:04, 12 abril 2008 (UTC)
Despois duns días afastado da wiki, retomo os deberes pendentes: despois de ler a famosa carta esa, e aínda tendo unha reserva sobre a exactitude das fontes (o seu gusto polo redondeo das cifras, por exemplo), creo que non se debe deducir automaticamente que eses 80 non estivesen incluídos nos 1100 anteriores. Vou pois refacer o texto e engadir a referencia. Con todo, creo que o artigo ten moitos problemas de neutralidade e de datos que deberían ser referenciados. --Xabier Cid 11:38, 18 abril 2008 (UTC)