Síndrome de Asperger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Síndrome de Asperger
Clasificación e recursos externos

A xente coa síndrome de Asperger acotío desenvolve intereses intensos, como a fascinación deste cativo pola estrutura molecular.
ICD-10 F84.5
ICD-9 299.80
OMIM 608638
DiseasesDB 31268
MedlinePlus 001549
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A síndrome de Asperger é un trastorno xeralizado do desenvolvemento que forma parte dos trastornos do espectro autista e que implica para quen o padece dificultades significativas na interacción social. O termo utilizouno por vez primeira Lorna Wing en 1981 en honra do pediatra e psiquiatra austríaco Hans Asperger. Recoñecido por primeira vez no Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders na súa cuarta edición de 1994 (DSM-IV) afecta á vida social da persoa, as súas percepcións sensoriais e tamén á súa motricidade caracterizándose pola dificultade de interacción social, a falta de empatía, a interpretación literal da linguaxe, dificultade cos cambios, repetición de comportamentos estereotipados pero a diferenza do autismo clásico non comporta ningún atraso no desenvolvemento cognitivo ou da linguaxe do individuo.

Desde 2007, o 18 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Síndrome de Asperger [1].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]