O detective Conan: Conta atrás cara ao ceo
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
| O detective Conan: Conta atrás cara ao ceo | |
|---|---|
| Título orixinal | 名探偵コナン 天国へのカウントダウン |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Kanetsugu Kodama |
| Produtor | |
| Guión | Gosho Aoyama Kazunari Kochi |
| Baseado en | |
| Intérpretes | |
| Música | Katsuo Ono Mai Kuraki |
| Fotografía | |
| Montaxe | |
| Estudio | TMS |
| Distribuidor | Arait Multimedia (Galicia) |
| Ano | |
| Duración | 105 minutos |
| País | |
| Xénero | Animación |
| Orzamento | |
| Filme anterior | Detective Conan: Captured in Her Eyes |
| Filme seguinte | Detective Conan: The Phantom of Baker Street |
| Ficha en IMDb | |
O detective Conan: Conta atrás cara ao ceo (名探偵コナン 天国へのカウントダウン Tengoku no Kauntodaun?) é un filme de animación baseado no anime O detective Conan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 21 de abril do 2001.
En galego, estreouse na TVG o 31 de decembro do 2012.
Índice |
Argumento[editar]
Cando non hai tempo de fuxir... Serías quen de salvar a persoa que amas?
Desta volta, o escenario desta quinta película sitúase no alto dunhas torres xemelgas, deseñadas por un aprendiz de Teiji Moriya, que apareceu no primeiro filme.
De camiño de volta dunha acampada, o noso heroe o detective Conan e os seus amigos paran diante das torres xemelgas que están a piques de seren inauguradas. Alí, atópanse con Ran, a súa amiga Sonoko e o seu pai, o detective Mouri. Tamén coñecen unha fermosa muller chamada Mio Tokiwa, a propietaria dos rañaceos, e outra xente sospeitosa que parece ter intencións macabras.
No momento no que acontece o primeiro asasinato, un Porsche de cor negra aparece. Un dos Homes de Negro, que obrigou a Shinichi a beber o bebedizo que o fixo encoller, condúceo. Malia o asasinato, a atractiva Tokiwa insiste en celebrar unha cerimonia para festexar a apertura das torres. Agora, os asasinatos en serie estarán a piques de empezar, a unha altura de 300 metros desde o chan. Poderá Conan fuxir desde o andar que está máis achegado ao ceo?
Dobraxe[editar]
- Estudio: SODINOR S.A.
- Data: 2012.
- Dirección: Alfonso Valiño.
- Tradución: María Alonso Seisdedos.
- Reparto da dobraxe:
| Personaxe | Actor de dobraxe |
Actor orixinal |
|---|---|---|
| Conan Edogawa | Teresa Santamaría | Minami Takayama |
| Shinichi Kudo | Gaspar Somoza | Kappei Yamaguchi |
| Ran Mouri | Isabel Vallejo | Wakana Yamazaki |
| Kogoro Mouri | Matías Brea | Akira Kamiya |
| Hiroshi Agasa | Paco Barreiro | Kenichi Ogata |
| Inspector Megure | Alfonso Valiño | Furin Cha |
| Genta Kojima | Antón Rey | Wataru Takagi |
| Mitsuhiko Tsuburaya | Montse Davila | Ikue Otani |
| Ayumi Yoshida | Marián Muíño | Yukiko Iwai |
| Sonoko Suzuki | Nora Abad | Naoko Matsui |
| Inspector Shiratori | César Cambeiro | Kazuhiko Inoue |
| Ai Haibara | Chelo Díaz | Megumi Hayashibara |
| Chinami Sawaguchi | Xermana Carballido | Aya Hisakawa |
| Yoshiaki Hara | Antón Olmos | Koichi Hashimoto |
| Mio Tokiwa | Lucía Cid | Toshiko Fujita |
| Hohsui Kisaragi | Xavier Perdiz | Ichiro Nagai |
| Iwamatsu Ooki | Alfonso Agra | Takeshi Watabe |
| Hidehiko Kazama | Monti Castiñeiras | Juurota Kosugi |
| Gin | Coté Sansegundo | Yokitoshi Hori |
| Vodka | Xosé Tanas | Fumihiko Tachiki |
| Axente Takagi | Manolo Pombal | Wataru Takagi |
| Axente Chiba | Antón Rubal | Isshin Chiba |
| Akemi Miyano | Helena Amoedo | Sakiko Tamagawa |
| Axente Tomé | Antón Rubal | Toshihiko Nakajima |
Música[editar]
A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é "Always" ("Sempre"), interpretada por Mai Kuraki. Este tema é, ademais, o décimo segundo peche da serie, e está dobrado ao galego para o anime. Malia isto, na versión galega do filme, permanece o tema orixinal en xaponés.
Os temas da música de fondo foron compostos por Katsuo Ono, e serían utilizados na serie orixinal a partir do ano 2002.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
|
|||||||||||