Ran Mouri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ran Mouri
Personaxe de O detective Conan
Primeira aparición Manga, capítulo 1
Anime, episodio 1
Creado por Gosho Aoyama
Dobrado por Xaponés:
Wakana Yamazaki
Galego:
Isabel Vallejo
Perfil
Idade17
SexoFeminino
NacionalidadeXapón
Parentes coñecidosKogoro Mouri (pai)
Eri Kisaki (nai)

Ran Mouri (毛利 蘭 Mōri Ran?) é un personaxe ficticio da serie O detective Conan, creado por Gosho Aoyama.

Vida de Ran[editar | editar a fonte]

É a amiga da infancia de Shinichi Kudo, o famoso detective adolescente, do que está namorada. Vai ao mesmo instituto ca el e é a capitá do equipo de karate. Ten bastante carácter, pero é moi boa persoa. Os seus pais son Kogoro Mouri, un detective de pouca monta, e Eri Kisaki, unha prestixiosa avogada. Ran non sabe que Conan é Shinichi, aínda que o sospeita nalgúns capítulos ao longo da historia. A súa mellor amiga é Sonoko Suzuki.

Dende pequena, Ran foi amiga de Shinichi e compañeira de clase del. Aínda así, nunca chegou a comprender a súa teima polos detectives. Pouco a pouco, namórase del. Ademais, foi Shinichi quen a axudou cando os seus pais se separaron.

Ó comezo da historia, Ran gaña o campionato de karate, e como recompensa, Shinichi convídaa ó parque de atraccións. El marcha correndo e ela ten un mal presaxio, aínda que Kudo non lle fai caso. Preocupada, e pensando que lle pasou algo, vai na súa procura á súa casa, onde se atopa con Conan e co profesor Agasa. Despois disto, acepta ó pequeno coma compañeiro de piso, aínda que ó longo da historia sospeita que é demasiado espelido para a súa idade, sospeitando así da súa verdadeira identidade.

Os casos vanse sucedendo, nos que Ran ás veces remata involucrada, e ten que loitar coas súas mañas de karate. Algúns, son resoltos polo seu pai, o célebre detective Kogoro Mouri e outros por Sonoko, a súa amiga. Sexa quen sexa, sempre é Conan/Shinichi quen, a través, deles realiza as deducións.

No capítulo 211, titulado "A arma invisible, o primeiro caso de Ran", realiza a súa primeira dedución para sentir o que sente Shinichi.