Kaito Kuroba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kaito Kuroba
Personaxe de O detective Conan
Primeira aparición Manga, capítulo 156
Anime, episodio 78
Creado por Gosho Aoyama
Dobrado por Xaponés:
Kappei Yamaguchi
Galego:
Raúl Dans (ep. 78 e 79)
Chema Gagino (a partir do episodio 142 e película 8)
Óscar Fernández (película 3)
Perfil
AlcumesLadrón 1412
PseudónimosCaco Kid, o ladrón pantasma
Idade17
SexoMasculino
Data de nacemento21 de xuño
NacionalidadeXapón
Parentes coñecidosToichi Kuroba (pai)

Kaito Kuroba (黒羽 快斗 Kuroba Kaitō?) ou Caco Kid é un personaxe ficticio da serie O detective Conan, creado por Gosho Aoyama.

Vida de Caco Kid[editar | editar a fonte]

O ladrón pantasma[editar | editar a fonte]

A pai de Kaito Kuroba, Toichi Kuroba, exercía no estranxeiro coma ladrón, obtendo tesouros sen empregar nunca a violencia. Un sobranceiro escritor, Yusaku Kudo (pai de Shinichi), coñecendo que a CIA, a Interpol e o FBI o chamaban ladrón 1412, xogou coas cifras numéricas ata obter o nome xaponés Caco Kid.

Logo da morte do seu pai por parte dunha organización clandestina (probablemente os Homes de Negro), Kaito asume o papel de ladrón para vingar a morte do seu pai, actuando no Xapón coma o ladrón pantasma. Ten como axudante a un amigo de seu pai, Ji, quen lle aconsella sobre os seus roubos e quen o intenta guiar polo bo camiño.

Inimizade con Shinichi Kudo[editar | editar a fonte]

Caco Kid ten coma obxectivo secundario roubar a perla negra, en posesión da familia Suzuki. Cando Conan descobre que o ladrón argalla algo, desprázase ata o lugar do roubo para impedir o delito.

Kaito realiza os seus roubos con perspicacia e intelixencia. É moi observador e detalla os seus delitos ata o punto máis mínimo. As súas estratexias poden ir de disfrazarse de policía para enganar ós axentes ata desprazarse grazas a bengalas de luz.

Malia isto, Conan e Kid tampouco son tan diferentes. A principal diferenza é que un traza impensables roubos para lucir o seu caletre e o outro intenta detelos.

Mundo Kaito[editar | editar a fonte]

Kaito tamén ten unha vida de estudante. Ó igual ca Shinichi, ten unha moza á que nunca lle confesou os seus sentimentos: Aoko Nakamori, que precisamente é filla do inspector da policía que sempre intenta deter a Kid, o inspector Nakamori.

Kaito pode contar coas predicións extrasensoriais da súa amiga Akako, quen adoita ter visión do que acontecerá. Un detective do mesmo talle ca Shinichi, Saguru Hakuba, tamén intenta deter os roubos do criminal da compaña da súa aguia Watson.