O detective Conan: O mago do ceo prateado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.
O detective Conan: O mago do ceo prateado
Título orixinal 名探偵コナン 銀翼の奇術師
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Yasuichiro Yamamoto
Produtor
Guión Gosho Aoyama
Kazunari Kochi
Baseado en
Intérpretes
Música Katsuo Ono
Rina Aiuchi
Fotografía
Montaxe
Estudio TMS
Distribuidor Arait Multimedia (Galicia)
Ano Flag of Japan.svg 17 de abril de 2004
Galicia 3 de xaneiro de 2013 (TVG)
Duración 110 minutos
País Flag of Japan.svg Xapón
Xénero Animación
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior O detective Conan: Encrucillada na antiga capital
Filme seguinte
Ficha en IMDb

O detective Conan: O mago do ceo prateado (名探偵コナン 銀翼の奇術師 Meitantei Konan: Ginyoku no Majishan?, literalmente O mago das ás prateadas) é un filme de animación baseado no anime O detective Conan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 17 de abril do 2004.

En galego, estreouse na TVG o 3 de xaneiro do 2013.

Argumento[editar | editar a fonte]

Unha famosa actriz recibe unha nota de Caco Kid que ameaza con roubar o seu zafiro, "a pedra da sorte". Esa mesma noite o roubo terá lugar no teatro onde se representará a derradeira función da obra na que participa a actriz.

Conan e os seus amigos pensan que Caco Kid aparecerá durante a representación, pensando que se ha disfrazar de alguén a quen coñecen. Entón, a policía preséntase cun asistente, o detective adolescente Shinichi Kudo. Mais Conan sabe que o Shinichi que está en fronte deles é Caco Kid, xa que el é o verdadeiro Shinichi, pero non pode revelar a súa verdadeira identidade. A oportunidade para capturar o ladrón chegará no momento do final da representación, pero Caco Kid subirá ata a azotea e sairá voando polo ceo.

Despois, Conan e os demais son convidados pola actriz a unha festa na súa casa de campo, polo que terán que viaxar en avión ata Hakodate. Conan pensa que Caco Kid pode estar dentro do avión, disfrazado. É entón cando a actriz cae ao chan despois de comer un bombón de chocolate. Poderá Conan resolver o caso nun lugar tan pequeno e pechado como é un avión?

Dobraxe[editar | editar a fonte]

  • Estudio: SODINOR S.A.
  • Data: 2012.
  • Dirección: Alfonso Valiño e Matías Brea.
  • Tradución: María Alonso Seisdedos.
  • Reparto da dobraxe:
Personaxe Actor de dobraxe
Galicia
Actor orixinal
Flag of Japan.svg
Conan Edogawa Teresa Santamaría Minami Takayama
Shinichi Kudo Gaspar Somoza Kappei Yamaguchi
Ran Mouri Isabel Vallejo Wakana Yamazaki
Kogoro Mouri Matías Brea Akira Kamiya
Hiroshi Agasa Paco Barreiro Kenichi Ogata
Inspector Megure Alfonso Valiño Furin Cha
Genta Kojima Antón Rey Wataru Takagi
Mitsuhiko Tsuburaya Montse Davila Ikue Otani
Ayumi Yoshida Marián Muíño Yukiko Iwai
Sonoko Suzuki Nora Abad Naoko Matsui
Inspector Shiratori César Cambeiro Kazuhiko Inoue
Axente Takagi Manolo Pombal Wataru Takagi
Ai Haibara Chelo Díaz Megumi Hayashibara
Caco Kid Chema Gagino Kappei Yamaguchi
Ginzo Nakamori Antón Olmos Unsho Ishizuka
Eri Kisaki Charo Pena Gara Takashima
Juri Maki Xermana Carballido Keiko Toda
Bunjiro Narasawa Coté Sansegundo Katsuji Mori
Toru Ban Alfonso Agra Hidekatsu Shibata
Natsuki Sakai Ana Lemos Kyoko Hikami
Isao Shinjo Óscar Fernández Shinichiro Miki
Tenko Tajima Ana Maciñeiras Saeko Shimazu
Masayo Yaguchi Beatriz García Aya Hisakawa
Comandante Nakaya Santiago Cortegoso Daiki Nakamura
Copiloto Monti Castiñeiras ?
Comandante Shimaoka Santiago Cortegoso Masashi Sugawara
Uesugi Xavier Perdiz Tetsuo Kaneo

Música[editar | editar a fonte]

A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é "Dream x Dream" (Soño por soño), interpretada por Rina Aiuchi.

Os temas da música de fondo foron compostos por Katsuo Ono, e serían utilizados na serie orixinal a partir do ano 2005.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]