O detective Conan: A pantasma de Baker Street

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O detective Conan: A pantasma de Baker Street
Ficha técnica
Título orixinal名探偵コナン ベイカー街の亡霊
DirectorKanetsugu Kodama
GuiónGosho Aoyama
Hirashi Nozawa
MúsicaKatsuo Ono
B'z
EstudioTMS
DistribuidoraArait Multimedia (Galicia)
Estrea 20 de abril de 2002
Galicia 31 de xullo de 2013 (TVG)
Duración110 minutos
Orixe Xapón
XéneroAnimación
Filme anteriorO detective Conan: Conta atrás cara ao ceo
Filme seguinteO detective Conan: Encrucillada na antiga capital
Na rede
IMDB: tt0990372 Filmaffinity: 614795 Allocine: 171678 Allmovie: v452358 Netlix: 70129025Editar o valor em Wikidata

O detective Conan: A pantasma de Baker Street (名探偵コナンベイカー街の亡霊 Beikaa Sutoriito no Bōrei?, literalmente O espectro por Baker Street) é un filme de animación baseado no anime O detective Conan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 20 de abril do 2002.

En galego, estreouse na TVG o 31 de xullo do 2013.

Sinopse[editar | editar a fonte]

O novo xogo de realidade virtual trasládanos ao Londres do século XIX. Comezan as aventuras dun grupo de nenos e do noso heroe.

O detective Conan trasládase por vez primeira ao mundo do Londres do século XIX. Nesta ocasión, el e mailos seus amigos fan uso dunha máquina de realidade virtual: o Casulo. O rei da informática, Thomas Schindler, presenta a máquina nunha festa na que cincuenta cativos ricos e famosos, son convidados a probala. Mais ninguén é consciente de que se os nenos non pasan o xogo este terminará coas súas vidas.

Unha vez que comeza o xogo, os Casulos trasladan os nenos aos distintos mundos virtuais. Por causa dos obstáculos preprogramados, os nenos arriscan a súa existencia neste xogo a vida ou morte. Aventuras nesta cidade histórica envolta na néboa por puntos de referencia tan coñecidos coma o Big Ben, White Chapel ou a Casa da Ópera e acompañada por personaxes coma Sherlock Holmes, o profesor Moriarty ou o infame Jack o Destripador.

O único xeito de volver ao mundo real é que quede, polo menos, un supervivente. Todas as esperanzas están postas en Conan para fuxir deste mundo terrible e misterioso. Cal será o seu fado?

Dobraxe[editar | editar a fonte]

  • Estudio: SODINOR S.A.
  • Data: 2013.
  • Dirección: Alfonso Valiño e Matías Brea.
  • Tradución: María Alonso Seisdedos.
  • Elenco da dobraxe:
Personaxe Actor de dobraxe
Galicia
Actor orixinal
Conan Edogawa Teresa Santamaría Minami Takayama
Shinichi Kudo Gaspar Somoza Kappei Yamaguchi
Ran Mouri Isabel Vallejo Wakana Yamazaki
Kogoro Mouri Matías Brea Akira Kamiya
Hiroshi Agasa Paco Barreiro Kenichi Ogata
Yusaku Kudo Luís Iglesia Hideyuki Tanaka
Yukiko Kudo / Irene Adler Xermana Carballido Sumi Shimamoto
Inspector Megure Alfonso Valiño Furin Cha
Genta Kojima Antón Rey Wataru Takagi
Mitsuhiko Tsuburaya Montse Davila Ikue Otani
Ayumi Yoshida Marián Muíño Yukiko Iwai
Sonoko Suzuki Nora Abad Naoko Matsui
Inspector Shiratori César Cambeiro Kazuhiko Inoue
Ai Haibara Helena Amoedo Megumi Hayashibara
Axente Chiba Antón Rubal Isshin Chiba
Hiroki Sawada / Arca de Noé Ana Lemos Ai Orikasa
Hideki Moroboshi Carolina Vázquez Megumi Ogata
Shinya Takizawa Gelos Rosado Urara Takano
Akira Emori Ana Maciñeiras Rikako Aikawa
Seichiro Kikugawa Xermana Carballido Mitsuki Saigo
Tadaaju Kashimura Antón Olmos Hiroaki Hirata
Coronel Moran Antón Cancelas Yuzuru Fujimoto
Tetsunosuke Emori Antón Cancelas Eisuke Yoda
Toshio Moroboshi Xavier Perdiz Ryuichi Horibe
Profesor Moriarty Xavier Perdiz Kiyoshi Kobayashi
Cocheiro de Moriarty Santiago Cortegoso ?
Jack o Destripador Antón Olmos Sho Hayami
Señora Hudson Lucía Cid Kei Hayami
Vagabundo Luís Iglesia Katsuhisa Hoki
Revisor do tren Manuel Pombal ?
Axente de Londres Manuel Pombal ?
Pistoleiro Santiago Cortegoso Toshihiko Nakajima
Thomas Shindler Xosé Manuel Rodríguez Masane Tsukayama
Xornalista TMS Nora Abad MAI
Xornalista TV Beatriz García ?
Gardacostas César Cambeiro ?
Presentador Casulo Antón Rubal ?

Música[editar | editar a fonte]

A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é "Everlasting" ("Eterno"), interpretada por B'z.

Os temas da música de fondo foron compostos por Katsuo Ono, e serían utilizados na serie orixinal a partir do ano 2003.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]