BM Cisne
O Club Cisne Balonmano de Pontevedra é unha asociación deportiva fundada en 1964. Debe o seu nome a que o cisne era o emblema da Frente de Juventudes, asociación xuvenil da FET y de las JONS.
[editar] Traxectoria
Inicialmente aglutinaba máis actividades deportivas, destacando o atletismo, baloncesto, voleibol, piragüismo e balonmán. Co paso do tempo apareceron outros clubes para os diferentes deportes, asentándose o Cisne na práctica do balonmán, de gran tradición na cidade.
A partir de 1970 o club comezou a destacar en diversos campionatos deste deporte, baseando a súa actividade no traballo co deporte base, acadando unha enorme reputación no balonmán estatal como berce dunha das máis brillantes canteiras de xogadores de balonmán de Galiza.
O equipo logrou 13 campionatos galegos: 4 en categoría cadete, 6 en categoría xuvenil, e 3 en categoría júnior. A nivel estatal o maior logro foi o 4º posto no campionato de España de categoría xuvenil, logrado en Granollers en 1978. Segue a ser o mellor posto logrado por un equipo galego en categorías base.
O equipo sénior foi incrementando a súa categoría e calidade, ascendendo en 1981 á división de Prata do balonmán español. Durante esa década mantivo gran rivalidade co Teucro (tamén de Pontevedra) e co Octavio Pilotes Posada de Vigo, sempre con xogadores amateurs, todos eles da cidade e formados nas categorías base do club.
Durante varias tempadas, mantívose na División de Honra B, pero coa profesionalización do balonmán baixou ata a Segunda División Nacional (4ª categoría do balonmán español). Tras 8 tempadas nesa categoría, no ano 2000 venceu a Fase de Ascenso celebrada en Alcalá de Henares, regresando á Primeira División Nacional (3ª categoría do balonmán español).
|
||||||||||||||||||||||||||||