Partido Conservador (Reino Unido)
| Conservative Party | |
|---|---|
| Partido político do Reino Unido | |
| Líder | David Cameron (Presidente) |
| Fundación | 1832 |
| Sede | 30 Millbank, Londres SW1 |
| Ideoloxía | Conservadorismo Unionismo británico Euroescepticismo |
| Mocidades | Conservative Future |
| Páxina web | www.conservatives.com |
O Partido Conservador e Unionista, máis coñecido como Partido Conservador (en inglés, Conservative Party ou Conservative and Unionist Party) é o partido político máis grande de dereitas do Reino Unido, o segundo máis grande en canto a número de membros pertencentes á Cámara dos Comúns para a actual lexislatura (193), o partido británico con maior número de afiliados, e o máis antigo do reino. Ademais, é o partido británico con máis vitorias electorais, e é considerado por algúns como o partido de dereita que máis éxitos ten acadado ao longo da súa historia. O seu actual líder é David Cameron, quen á súa vez é o 'Leal Líder da Oposición da súa Maxestade a Raíña' e testa do 'Gabinete na sombra'.
O Partido Conservador descende do 'Partido Tory' británico, presente durante o século XVIII e primeira metade do XIX. É por isto polo que aos actuais membros do Partido Conservador se lles siga a chamar tories', así como ao partido aínda se lle segue a chamar pola súa anterior denominación.
Os conservadores teñen sido o partido gobernante do Reino Unido en varias ocasións entre 1834 e 1997. Dende a perda do poder nas eleccións xerais de 1997, logo da vitoria do Partido Laborista de Tony Blair, teñen permanecido na oposición.
O Partido Conservador é membro da Unión Internacional Demócrata a nivel internacional, e dos Demócratas Europeos a nivel europeo. No Parlamento Europeo, os seus deputados pertencen ao grupo Partido Popular Europeo-Demócratas Europeos.
En marzo de 2009, o Partido Conservador rompeu co Partido Popular Europeo de cara ás Eleccións ao Parlamento Europeo, pedindo aos 800.000 ingleses residentes en España o voto para Alternativa Española.[1]
Véxase tamén [editar]
- Conservadorismo
- Tory (nome coloquial, orixinalmente pexorativo, que se da aos seus membros)
- Euroescepticismo
- Política do Reino Unido
Notas [editar]
- ↑ Los ‘tories’ piden a los británicos residentes en España que no voten al PP, sino a Alternativa Española (AES), hispanidad.com, 12 de marzo de 2009.
Ligazóns externas [editar]
- The Conservative Party, páxina oficial do Partido Conservador do Reino Unido.