Henry Becque
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Henry-François Becque naceu en París o 18 de abril 1837 e morreu en París o 12 de maio de 1899[1], foi un dramaturgo francés, coñecido sobre todo por unha comedia La Parisienne e un drama realista, Les Corbeaux.
Biografíae [editar]
Becque realizou numerosos oficios antes de se dedicar ó teatro, foi oficinista na Chemin de Fer du Nord, na chancelería da Légion d'honneur e como axente de bolsa. A súa primeira obra foi un libreto de ópera, Sardanapale, en 1867, que non era máis ca un remedo de Sardanapale de Lord Byron, ó que lle puxo música Victorin de Joncières, a obra presentouse no Théâtre Lyrique cun certo éxito.
Becque volve a súa mirada cara ó vodevil con L'Enfant prodigue (1868), mais muda totalmente de estilo co drama social, Michel Pauper en 1870. L'Enlèvement, estreada no ano seguinte, é unha comedia cetrada ma vida das empregadas domésticas de provincias.
En volve 1878 cunha comedia en un acto, La Navette, seguida de Les Honnêtes Femmes, en 1880, e deseguido as súas dúas mellores obras Les Corbeaux en 1882 e La Parisienne en 1885.
Publicou tamén poesía (Sonnets mélancoliques, 1887) e as súas memorias 1895, tituladas Souvenirs d'un auteur dramatique. Deixou unha peza inacabada, Les Polichinelles.
Notas [editar]
- ↑ Pierre Martino, Le naturalisme français (1870-1895), 1965
Bibliografía [editar]
- Fritz Du Bois, Henry Becque, l'homme, le critique, l'auteur dramatique, A. Dupret, Paris, 1888
- Ambroise Got, Henry Becque, sa vie et son œuvre, Crès, Paris, 1920
- Edmond Sée, Henry Becque, ou Servitude et grandeur dramatiques, V. Rasmussen, Paris, 1926
- Aleksandar Arnautović, Henry Becque, Presses universitaires de France, Paris, 3 volumes, 1927
- Maurice Descotes, Henry Becque et son théâtre, Minard, Lettres modernes, Paris, 1962