Atracadoiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atracadoiros no R. C. N. da Coruña.

Un atracadoiro[1] é unha estrutura usada para atracar, amarrar barcos na costa dun corpo de auga.

Está normalmente formado por unha pasarela, sexa de pedras ou de madeiras, que se fixan no fondo do leito do río, lago ou mar.[2][3]

Tipicamente un atracadoiro é un molle onde os barcos paran para deixar embarcar e desembarcar os pasaxeiros ou as mercadorías e parten enseguida.

Co aumento do uso dos iates os atracadoiros están máis xeralmente asociados a construcións, en principio flotantes, nos portos deportivos ou marinas, onde se poden amarrar os barcos de recreo.

Un atracadoiro é sempre unha construción máis lixeira que un ancoradoiro, máis destinado a navíos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]