Millettia laurentii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Millettia laurentii é unha árbore da familia das Fabacee[2], nativa da África tropical, distribuíndose polo Camerún, Congo, República Democrática do Congo, Guinea Ecuatorial e mais Gabón. A especie aparece está considerada como ameazada na listaxe da IUCN, principalmente debido á destrución do seu hábitat e á sobreexplotación para a súa conversión en madeira[1].

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha especie moi dura e de cor escura, ás veces con estrías amarelas moi finas. De tamaño medio pode chegar os 30 metros de altura, excepcionalmente ata 45 [3], e o diámetro do toro pode acadar os 60-100 centímetros, aínda que usualmente ten menos.

Madeira[editar | editar a fonte]

A súa madeira, denominada wengé, utilízase na fabricación de mobles, na carpintería de interior, ebanistería ou pisos. En África emprégase tradicionalmente para a realización de tambores, por mor da súa boa resonancia e xa na época moderna en instrumentos de corda polo o seu característico timbre e duración do son, en especial en guitarras, baixos e os seus accesorios.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Millettia laurentii". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2014.3 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 1998. Consultado o 2 de marzo de 2015. 
  2. "Millettia laurentii De Wild.". The Plant List. Consultado o 24 de abril de 2015. 
  3. Dominique Louppe (2008) Plant Resources of Tropical Africa (PROTA) Volume 1, G.J.H Grubben, p. 370