Wengué

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Wengé»)
Wengué.

O wengué[1] é unha madeira tropical mesta e de cor chocolate escuro utilizada en instrumentos musicais e ebanistaría. Procede da Millettia laurentii, atopada fundamentalmente no Camerún, a República Democrática do Congo e a República do Congo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "wengué". TERGAL. Consultado o 20/02/2019.