Millepora tenera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Artigo principal: Millepora.
Millepora tenera

Colonia de Millepora tenera na illa da Reunión
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Cnidaria
Clase: Hydrozoa
Subclase: Hydroidolina
Orde: Anthoathecata
Suborde: Capitata
Familia: Milleporidae
Xénero: Millepora
Especie: M. tenera
Nome binomial
Millepora tenera
Boschma, 1949
Sinonimia
Véxase o texto

Millepora tenera é unha especie de cnidario hidrozoo da subclase dos hidroidolinos, orde dos antoatecados, suborde dos capitados, unha das quince recoñecidas na actualidade (2020) na familia dos milepóridos.[1][2][3][4]

É unha especie de coral de fogo colonial con esqueleto calcario que se encontra en arrecifes de coral en augas pouco profundas do mar Vermello, océano Índico e o sur do Pacífico.[3]

Aliméntase de plancto e completa parte das súas necesidades enerxéticas coas microalgas simbiontes que se atopan nos seus tecidos. É un membro importante da comunidade de arrecifes e está suxeita ás mesmas ameazas que outros corais. Pode provocar picadas dolorosas aos mergulladores incautos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1949 polo zoólogo neerlandés Hilbrand Boschma,[2][3][4] no seu traballo "Notes on specimens of the genus Millepora in the collection of the British Museum. Proceedings of the Zoological Society of London 119: 661-672.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2][3]

  • Millepora cruzi Nemenzo, 1975
  • Millepora tenella Ortmann, 1892
  • Millepora tortuosa Dana, 1848

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Millepora tenera encóntrase nas costas do océano Índico e do Pacífico suroccidental. A súa área de distribución se estende desde o mar Vermello e a costa oriental de África e as illas Seychelles até o Xapón, Australia, Samoa Americana e as illas Marianas.[1]

Habita a profundidades de até os 15 m, a miúdo en lugares de augas turbias, xa que tolera certo grao de sedimentación. E moitas veces se encontra en sitios despexados en mar aberto.[1]

Toxicidade[editar | editar a fonte]

Ao igual que outros corais de fogo, Millepora tenera pode causar erupcións dolorosas cando se toca coa pel espida. Os nematocistes deste coral conteñen neurotoxinas que poden causar convulsións, insuficiencia respiratoria e a morte en ratos.[5] O extracto dos nematocistes provoca hemólise, contúne un factor dermonecrótico e ten propiedades antixénicas. Os coellos inmunizados co extracto desenvolven anticorpos neutralizantes que protexen contra a hemólise, a dermonecrose e a muorte. O antisoro tamén podería usarse para protexer contra as toxinas presentes nos extractos de 'Millepora alcicornis.[6]

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), coniderando que Millepora tenera ten unha área de distribución ampla e que é común en gran parte desta área, aínda que está suxeita ás enfermidades comúns dos corais e ao branquexamento en condicións ambientais adversas e, ao igual que outros corais, está ameazada pola degradación do seu hábitat nos arrecifes de coral, e tendo en conta, porén, que é unha especie de crecemento rápido, e é unha das primeiras especies de Millepora en recolonizar os arrecifes danados, avalía o seu status como LC (pouco preocuante).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Obura, D. O., Fenner, D., Hoeksema, B. W., DeVantier, L. & Sheppard, C. (2014): Millepora tenera na Lista vermella da UICN. Versión 2020-2. Consultada o 3 de setembro de 2020.
  2. 2,0 2,1 2,2 Millepora tenera Boschma, 1949 no WoRMS. Consultado o 3 de setembro de 2020.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Millepora tenera Arquivado 12 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. en Catalogue of Life: 2020-08-01 Beta. Species 2000. Millepora tenera Boschma, 1949] Consultado o 3 de setembro de 2020.
  4. 4,0 4,1 Millepora tenera Boschma, 1949 no ITIS. Consultado o 3 de setembro de 2020.
  5. Southward, Alan J.; Young, Craig M.; Fuiman, Lee A. (2006). Advances In Marine Biology, Volume 50. Cambridge, Massachusetts, USA: Academic Press. pp. 14–15. ISBN 978-0-0804-6333-9. 
  6. Wittle, L. W.; Wheeler, C. A. (1974). "Toxic and immunological properties of stinging coral toxin". Toxicon 12 (5): 487–490. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • George, John David & Jennifer George (1979): Marine Life: An Illustrated Encyclopedia of Invertebrates in the Sea. New York, NY, USA: John Wiley and Sons. ISBN 978-0-4710-5675-1, pp. 18-21.
  • Schuchert, P. (2011): Millepora tenera Boschma, 1948. En: Schuchert, P. World Hydrozoa database. (Actualizado o 4 de setembro de 2020).
  • Veron, J .E. N. (2000): Corals of the World. Vol. 3. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Sciences.
  • Wilkinson, C. (2004): Status of Coral Reefs of the World. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Science.
  • Wood, E. M. (1983): Reef corals of the world: biology and field guide. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications. ISBN 978-0-8766-6809-2.

Outros artigos[editar | editar a fonte]