Mecanismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mecanismo en movemento.

Chámase mecanismo a un conxunto de sólidos resistentes, móbiles uns respecto doutros, unidos entre si mediante diferentes tipos de unións, chamadas pares cinemáticos (pernos, unións de contacto, pasadores, etc.), cuxo propósito é a transmision das máquinas reais, e do seu estudo ocúpase a Teoría de mecanismos.

Baseándose en principios do álxebra lineal e física, créanse esqueletos vectoriais, cos cales fórmanse sistemas de ecuacións. A diferenza dun problema de cinemática ou dinámica básico, un mecanismo non se considera como unha masa puntual e, debido a que os elementos que conforman a un mecanismo presentan combinacións de movementos relativos de rotación e translación, é necesario tomar en conta conceptos como centro de gravidade, momento de inercia, velocidade angular, etc.

A maioría de veces un mecanismo pode ser analizado utilizando un enfoque bidimensional, o que reduce o mecanismo a un plano.

En mecanismos máis complexos e, polo tanto, máis realistas, é necesario utilizar unha análise espacial. Un exemplo disto é unha rótula esférica, a cal pode realizar rotacións tridimensionais.

Tipos de mecanismo[editar | editar a fonte]

  • Engrenaxes
  • Pistón biela
  • Leva
  • Mecanismo piñon, serra
  • Mecanismos de poleas e correa
  • Mecanismos de barras articuladas
  • Mecanismos de biela e manivela
  • Mecanismo de parafuso/porca

Métodos para analizar un mecanismo[editar | editar a fonte]

A análise dun mecanismo deberíase facer na seguinte orde:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: mecanismos
  • SAM (Síntese e Análise de Mecanismos) é un paquete interactivo de software para o deseño, análise (movemento e forza) e optimización de mecanismos planares arbitrarios.
  • mecanESO.Unha WEB onde podes atopar os contidos necesarios para abordar os teus proxectos mecánicos de TECNOLOXÍA na ESO.