Maxi Rolón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maxi Rolón
Información persoal
Nome Maximiliano Brian Rolón
Nacemento 19 de xaneiro de 1995
Lugar de nacemento Rosario
Falecemento 14 de maio de 2022
Lugar de falecemento Rosario
Altura 1,69 m
Posición Extremo esquerdo
Información de club
Club actual Arsenal de Sarandí
Carreira xuvenil
Orono
Atlético Luján
2007–2010 Barcelona Juniors Luján
2010–2014 Barcelona
2013Cornellà (ces.)
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2014–2016 Barcelona B 24 (2)
2016 Santos 2 (0)
2017 Lugo 2 (0)
2017 Arsenal Sarandí 0 (0)
2018 Coquimbo Unido
2018-2019 CE Pubilla Casas
2019-2020 Fuerza Amarilla
2020-2022 Atlético Chabás
Selección nacional
2014–2015 Arxentina sub-20 7 (1)
Na rede
Twitter: maaxirolon Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 31 de agosto de 2017editar datos en Wikidata ]

Maximiliano Brian Rolón, nado o 19 de xaneiro de 1995 en Rosario (Santa Fe) e finado en Pujato o 14 de maio de 2022,[1] foi un futbolista profesional arxentino da canteira do FC Barcelona que xogaba como extremo esquerdo.

Era irmán xemelgo do tamén futbolista Leonardo Rolón.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Rosario (Santa Fe), Rolón comezou a súa carreira como futbolista nas categorías inferiores do Atlético Luján, club da súa cidade natal. No ano 2007 fichou pola canteira do FC Barcelona, aínda que non se mudou a La Masia até tres anos despois.[2] Con todo, en 2013, foi cedido á UE Cornellà por mor da súa condición de cidadán extracomunitario, regresando ao club en xaneiro do ano seguinte para formar parte do "Xuvenil A".[3] En maio dese mesmo ano foi ascendido ao FC Barcelona B da Segunda División.[4] Tras ser ligado a unha posíbel cesión ao Lleida Esportiu en agosto,[5] finalmente permaneceu no club barcelonés, debutando como profesional o 4 de outubro ante o CD Lugo no Mini Estadi.[6] O 20 de setembro de 2015, co seu equipo agora na Segunda División B, marcou o seu primeiro gol como sénior ante a UE Olot na primeira vitoria da temporada.[7] O de febreiro do ano seguinte rescindiu o seu contrato, asinado co Santos do Brasileirão. Tras a falta de oportunidades no club paulista, asinou o 31 de xaneiro de 2017 co Lugo de LaLiga2. A nivel internacional foi campión do Suramericano Sub-20 de 2015 coa selección arxentina.

Faleceu xunto co seu irmán, o tamén futbolista Ariel Rolón, o 14 de maio de 2022 debido ás feridas provocadas nun accidente de tráfico preto da localidade de Casilda, Santa Fe.[8]

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Categoría Ano PX Goles
FC Barcelona B LaLiga2 2014−2015 7 0
FC Barcelona B Segunda B 2015−2016 15 2
Santos FC Brasileirão 2016 2 0
CD Lugo LaLiga2 2017 2 0

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]