Mariano Tito Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMariano Tito Vázquez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1870 Editar o valor em Wikidata
Hellín, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de decembro de 1952 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Mariano Tito Vázquez Sánchez, nado en Hellín (provincia de Albacete) o 19 de xaneiro de 1870 e finado en Santiago de Compostela o 13 de decembro de 1952, foi un militar e pintor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Copias destes dous cadros conservados no Prado, feitas por Mariano Tito Vázquez, poden apreciarse na Igrexa dos Remedios de Castro Caldelas.

Comezou pintando en Murcia, como alumno da Escola de Artes e Oficios de Santiago. Cursa a carreira superior de Belas Artes na Escola de San Carlos de Valencia, onde foi alumno de Ignacio Pinazo, e logo rematou os estudos en Madrid, como copista no Museo do Prado. En 1899 vai para Santiago como militar. Alí, establecido na rúa do Vilar, combina a pintura coa súa vocación pola literatura e as artes escénicas: chegou a ser codirector do grupo teatral da universidade, o que o levará a emprender unha duradeira relación de amizade con intelectuais como Xoán Xesús González ou Armando Cotarelo Valledor.

Na Igrexa dos Remedios de Castro Caldelas hai dúas copias de gran formato feitas por el, en 1917, de dúas obras de Bartolomé Esteban Murillo: Aparición da Virxe a San Bernardo e Imposición da casula a San Ildefonso.

Exerce como profesor de debuxo e pintura na Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago desde 1919. De 1927 a 1936 será profesor auxiliar na Escola de Artes e Oficios compostelá. Participou en distintas iniciativas artísticas de Galiza, como a súa intervención na Exposición de Arte Rexional de 1926. Dedícase dun xeito especial á pintura costumista e ao retrato. Foi un grande debuxante e un pintor realista, cun certo toque romántico.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cf. López Vázquez 1997.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]