Manuel Lamela Lestón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Lamela Lestón
Biografía
Nacemento1944 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
O Pindo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Cee
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMargarita Lamela Louzán Editar o valor em Wikidata

Manuel Lamela Lestón, nado no Pindo (Carnota) en 1944,[1] é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Trasladouse a Cee aos 8 anos. Maquinista naval. Foi profesor de FP e director do IES Fernando Blanco de Cee. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Cee e foi elixido alcalde grazas ao apoio do BN-PG e Unidade Galega. Nas municipais de 1983 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1987 volveu gañar, nesta ocasión sen maioría absoluta, pero pasou á oposición dado un pacto entre CDS, AP e BNG que fixo alcalde ao centrista Manuel Castro. Trala expulsión dos edís nacionalistas do goberno en xuño de 1988, os socialistas presentaron unha moción de censura no mes de novembro[2], a cal foi votada en xaneiro de 1989. Porén, debido á abstención dos nacionalistas, non saíu adiante[3]. Nas municipais de 1991 volveu a sela candidatura máis votada, pero non logrou recuperala alcaldía dado que o PPdeG volveu apoiar de novo ao centrista Manuel Castro como alcalde. Porén, trala expulsión dos populares do goberno, en abril de 1992 estableceuse un goberno de coalición cos socialistas, sendo Lamela tenente de alcalde[4]. Nas municipais de 1995 recuperou a alcaldía grazas a un pacto de goberno con IxCee e o apoio externo do BNG. Nas municipais de 1999 volveu ser elixido alcalde ó se-la forza máis votada.

Presentou a dimisión o 17 de abril de 2001 da presentación dunha moción de censura por parte do PPdeG e IxCEE que se votou o 11 de maio de 2001[5]. En 2007 volveu ao goberno municipal no goberno dos socialistas con IxCEE como concelleiro de Infraestruturas. Dimitiu como concelleiro en febreiro de 2011.


Predecesor:
José Sánchez García
 
Alcalde de Cee
 
1979 - 1987
Sucesor:
Manuel Castro Castro
Predecesor:
Manuel Castro Castro
 
Alcalde de Cee
 
1995 - 2001
Sucesor:
Antonio Domínguez García

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É pai Margarita Lamela Louzán, alcaldesa socialista de Cee dende 2019.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 2-5-2003, p. L6
  2. La Voz de Galicia ed. A Coruña, 23-11-1988 p. 14.
  3. La Voz de Galicia ed. A Coruña, 22-1-1989 p.21.
  4. La Voz de Galicia ed. Carballo, 5-4-1992 p.40.
  5. "«Os independentes activaron a moción»". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 01 de decembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]