Manfredo de Hohenstaufen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manfredo de Hohenstaufen

Manfredo de Sicilia, nado arredor de 1232 e falecido en 1266, foi un rei de Sicilia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo ilexítimo do emperador Federico II e de Bianca Lancia, ou Lanzia, que probablemente casou co emperador xusto antes da morte do monarca. Aparentemente Federico considerou a Manfredo como lexítimo, e pola súa vontade nomeouno príncipe de Taranto e representante en Italia do seu medio irmán, o rei de Roma, Conrado IV. Tan só con 18 anos, Manfredo acata con fidelidade tódolos seus traballos, e cando Conrado vai a Italia meridional en 1252, a súa autoridade foi rápida e xeralmente recoñecida.

Cando Conrado morre en maio de 1254, Manfredo, despois de rexeitar a submisión do reino de Sicilia ó de Aragón, o papa Inocencio IV, aceptará a rexencia en nome de Conrado V, o xove fillo de Conrado. Pero a forza dos partidarios do papa no reino de Sicilia volve a posición do rexente tan perigosa que este decidirá abrir negociacións con Inocencio. Por un tratado asinado en setembro de 1254, a Puglia pasará a estar baixo a autoridade do papa.

En 1258, facendo caso dun rumor que daba por morto a Conrado V, Manfredo fíxose coroar rei de Sicilia en Palermo, o 10 de agosto dese ano. O rumor era infundado, pero o novo rei, sustentado polo pobo, non abdicará, e indicaralles ós enviados de Conrado V a necesidade dun administrador local. Pero o papa, para o que a alianza cos sarracenos era unha grave ofensa, declarará a anulación do coroamento de Manfredo e excomungarao.

Manfredo casou dúas veces. A primeira muller era Beatriz, filla de Amadeo IV de Savoia coa que tivo unha filla, Constanza, que casaría con Pedro III de Aragón. A segunda, morta en prisión en 1271, era Helena, filla de Miguel II do Epiro. Os contemporáneos gababan o carácter nobre e magnánimo de Manfredo, que era famoso pola súa beleza física e as súas calidades intelectuais.