Macizo Galaico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cabeza de Manzaneda.

O Macizo Galaico é un sistema de serras e montañas de Galicia e da zona limítrofe coas provincias de Zamora e León.

Está formado por rochas paleozoicas (granitos) moi metamorfizadas no centro e oeste (gneis, micacitas). Xeomorfoloxicamente constitúe unha prolongación da Meseta cara o noroeste. O seu relevo, dunha altitude media de 500 m, é moi complexo pola falta de aliñacións montañosas definidas e causa da acción erosiva dos ríos, que ocasiona unha fragmentación das fragas.

Porén, de sueste a noroeste poden distinguirse tres conxuntos:

  • As serras limítrofes coas provincias de León e Zamora, onde se acadan as maiores altitudes do sistema (Pena Trevinca, 2.047 m).
  • A Cordilleira Dorsal Galega, que culmina no cumio de Cabeza de Manzaneda, de 1.778 metros, separada do conxunto anterior por unha fosa tectónica de dirección norte-sur. Inclúe o denominado Macizo Central ourensán.
  • As serras litorais, de menor altitude e separadas do conxunto anterior pola foxa Tui-Verín-Vigo.

O sistema en xeral preséntase alombado, con alternancia de horsts, cubetas e fallas de dirección N-S. As choivas son abundantes e regulares, orixinando un espeso manto vexetal: fragas caducifolias con sotobosque de landas e extensas áreas de prados naturais que favorecen a existencia dun chan mol.

As zonas máis elevadas experimentan a influencia dos glaciares, como a serra da Segundera, que forma vales (río Tera, Cabreira, Bibei), conxuntos morrénicos e cubetas lacustres: lago de San Martín de Castañeda, laguna de Lacillo.