Luis Alberto Lacalle Pou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luis Lacalle Pou»)
Infotaula de personaLuis Alberto Lacalle Pou

(2020) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Luis Lacalle Pou Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor em Wikidata
Presidencia temporal rotativa do Mercosur
2 de xullo de 2020 – 16 de decembro de 2020
Presidente do Uruguai
1 de marzo de 2020 –
← Tabaré Vázquez
Senator of the República Oriental del Uruguay (en) Traducir
2015 – 2020
President of the Chamber of Representatives of Uruguay (en) Traducir
1 de marzo de 2011 – 1 de marzo de 2012
Member of the Chamber of Deputies of Uruguay (en) Traducir
2000 – 2015 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaResidencia de Suárez y Reyes (en) Traducir (2020–) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeUruguai Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Católica do Uruguai Dámaso Antonio Larrañaga (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprocurador , avogado , político Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Nacional (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
10 de decembro de 2019tomada de posse de Alberto Fernández (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLorena Ponce de León
PaisLuis Alberto Lacalle Editar o valor em Wikidata  e Julia Pou (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina weblacallepou.uy Editar o valor em Wikidata
Twitter: LuisLacallePou Instagram: luislacallepou Editar o valor em Wikidata

Luis Alberto Lacalle Pou, nado en Montevideo o 11 de agosto de 1973, é un avogado e político uruguaio. O seu pai, Luis Alberto Lacalle, foi presidente do seu país entre 1990 e 1995. Lacalle Pou foi elixido para ocupar a Presidencia no período 2020-2025.[1]

Vida e traxectoria política[editar | editar a fonte]

Orixe e infancia[editar | editar a fonte]

Naceu en 1973 en Montevideo no seo dunha familia de longa tradición política "branca", é dicir, vencellada ao Partido Nacional. O seu bisavó era Luis Alberto de Herrera, un dos líderes de maior influencia dese partido, fundador da tendencia herrerrista; e o seu pai, herdeiro político do herrerismo, Luis Alberto Lacalle Herrera, foi presidente da República Oriental do Uruguai entre 1990 e 1995. Doutra banda, a súa nai, Julia Pou, tamén desenvolveu unha importante acción social e política durante década de 1990.

Educado no British Schools, un colexio de grande presitixio de Montevideo, estudou Dereito na Universidade Católica do Uruguai, unha institución académica rexida polos xesuítas. A súa mocidade coincidiu coa presidencia do seu pai e Lacalle Pou gañou sona de "rebelde" entre a prensa.[2][3] Posteriormente, en 2013, recoñeceu nunha entrevista que, entre os 17 e os 23 anos consumiu cocaína e marihuana.[4]

Actividade política[editar | editar a fonte]

Comezou a súa andaina política dentro do Partido Nacional e do sector liderado pola súa nai, sendo escollido deputado en 1999 polo departamento de Canelones, sendo reelixido en 2004 e 2009. No Uruguai, os partidos deben celebrar eleccións primarias para determinar os equilibros de poder interno e as candidaturas que logo presentarán os cargos de responsabilidade, e Lacalle Pou comezou a articular a súa corrente, ou lema, a partir de 2009. Gañou visibilidade pública en 2011 cando foi Presidente da Cámara de Deputados do Uruguai, en 2013 anunciou que se presentaría para ser candidato do Partido Nacional á Presidencia da República nas eleccións de 2015. Nestas Lacalle Pou venceu o seu compañeiro Jorge Larrañaga, experimentado político que incorporaría como candidato a vicepresidente da súa lista.

Naqueles intres, a nivel político, Uruguai, reducira as desigualdades sociais e as consecuencias da crise económica de principios do século XXI,[5] ademais, destacárase na rexión pola súa lexislación progresista:[6] aprobara neses anos a legalización do matrimonio entre persoas do mesmo sexo[7], a despenalización aborto nas doce primeiras semanas de xestación[8] e a regulación do consumo de marihuana[9]. Lacalle Pou cuestionou nas súas declaracións algunhas desas políticas: opúxose o aborto e, como deputado, votou contra o matrimonio homosexual, aínda que posteriormente reconsiderou a súa oposición.[10][11] Polémicas foron as súas declaracións sobre os desaparecidos na ditadura cívico-militar uruguaia (1973-1985), pois afirmou nunha rolda de prensa que se del dependese suspendería as escavacións para atopar os seus restos.[12] Aínda que días despois matizou as súas palabras,[13] máis tarde recoñecería esa declaración como o seu "erro máis grande".[14]

Nas eleccións presidenciais de 2014 enfrontouse a Tabaré Vázquez, candidato da Fronte Ampla e xa presidente entre 2005 e 2010. A campaña de Lacalle Pou centrouse na idea dun relevo xeracional á fronte do goberno dada a veteranía de Vázquez e do presidente saínte, José Mujica. En primeira volta ningún dos candidatos conseguiu sumar máis do 50%, sendo necesaria unha segunda volta entre Tabaré Vázquez (47,8%) e Lacalle (30,88%).[15] O 23 de novembro de 2014, Tabaré Vázquez gañou a segunda volta con 1 226 105 votos fronte os 939 074 de Lacalle, que malia a derrota foi elixido senador, cargo que exerceu entre 2015 e 2019.[16]

Logrou volver ser elixido candidato do Partido Nacional á Presidencia da República para os comicios de 2019, concurrindo canda Beatriz Argimón Cedeira como vicepresidenta. Na campaña electoral fixo unha dura crítica á xestión da Fronte Ampla logo de tres administracións desta formación política: centrándose na proposta do control do gasto público, defendía cambios na política de seguridade pública e instaba a reformar o financiamento da seguridade social, tamén asegurou non modificar as políticas en materia de dereitos que se avanzara nos anos previos. O candidato da esquerda, Daniel Martínez, consegiu en primeira volta o 39% dos votos, por diante do 28,6% de Lacalle; mais por primeira vez dende 2005, a Fronte Ampla perdía a maioría no parlamento uruguaio. Este panorama, facilitou un acordo dos partidos da oposición para apoiar a candidatura da Lacalle Pou na segunda volta, desta forma naceu a chamada Coalición Multicolor, que incluía ao tradicional Partido Colorado, ao novo Cabildo Aberto e aos máis pequenos Partido Independente e Partido da Xente, ademais do Partido Nacional. Finalmente o 24 de novembro de 2019, Luis Lacalle Pou impúxose a Daniel Martínez na segunda volta das eleccións por un resultado moi estreito: 1 189 313 votos fronte 1 152 271 do fronteamplista.[17]

Presidencia[editar | editar a fonte]

O 1 de marzo de 2020 Luis Lacalle Pou xurou o seu cargo como Presidente da República ante a Asemblea Xeral e mandatarios estranxeiros como o chileno Sebastián Piñera, Filipe VI de España ou o brasileiro Jair Bolsonaro.[18] No nomeamento dos ministros do seu goberno destaca a importantes figuras do Partido Nacional como Jorge Larrañaga (Interior) pero tamén a importantes persoeiros das outras formacións da Coalición Multicolor.

A súa acción executiva viuse moi pronto marcada polo impacto da pandemia da COVID-19. Só uns días despois da súa asunción tivo que declarar no Uruguai a "emerxencia sanitaria".[19] Luis Lacalle optou por non facer confinamentos xerais senón en insistir da responsabilidade individual. O serodio impacto das ondas do coronavirus no país esperartaron o interese internacional durante o 2020, ata o punto de ser considerado un modelo.[20][21] Con todo, a medida que avanzou o ano 2021, a situación mudou cun incremento notable de casos e falecidos.[22] Entón incrementáronse as críticas e as peticións para que o goberno aplicase medidas máis restritivas coa finalidade de frear a doenza, algo que Luis Lacalle non fixo.[23][24]

O seu goberno propuxo e logrou a aprobación parlamentaria da Lei de Urxente Consideración. Esta lei abrangue multitude de eidos e resume as liñas mestras da súa proposta política para o mandato. Así, a Lei de Urxente Consideración lexisla sobre seguridade, a creación dun ministerio de medio ambiente, as penas criminais a menores de idade, a gobernación do ensino público, a reforma do sistema de pensións e asuntos laborais, sendo polémico un novo regulamento do dereito de folga que limita a actuación dos piquetes.[25] A principal forza política opositora, a Fronte Ampla, e a central sindical PIT-CNT amosaron a súa oposición e comezaron unha campaña para recoller as firmas necesarias para someter 135 artigos da Lei de Urxente Consideración a un plebiscito,[26] albo que conseguiron en xullo de 2021.[27]

En setembro de 2021 anunciou que a República Popular da China amosara o seu interese por negociar un tratado de libre comercio con Uruguai.[28][29] O acordo, de lograrse, tería un forte impacto na economía oriental, especialmente no estímulo do sector agropecuario, pero a nova foi recibida con cautela polos socios do Mercosur pois non está claro o xeito de encaixar o tratado coas normas do bloque comercial.[30] En xullo de 2022, impulsáronse as conversas coa China fixando prazos para as negociacións, algo que elevou a tensión cos socios do Mercosur. Así, Lacalle Pou negouse a a asinar a declaración conxunta dos xefes do Estado do Mercosur logo do cumio dos días 20 e 21 de xullo de 2022 por non recoller referencias á "flexibilidade" do pacto comercial.[31]

Baixo o seu goberno, o 27 de outubro de 2021, procedeuse á intervención da mutualista Casa de Galicia, fundada en 1917 pola colectividade galega, por mor da súa situación financeira. Segundo afirmou Lacalle Pou, o obxectivo do goberno é garantir a viabilidade da institución e da súa prestación asistencial.[32] Esta operación contou co aval do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.[33]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou no ano 2000 con Lorena Ponce de León, paisaxista, da que se separou en 2022.[34] A parella tivo dous fillos e unha filla. Dende que Luis Lacalle asumiu a presidencia, a familia vive na Residencia de Suárez, a vivenda a disposición do xefe do Estado, sendo o primeiro presidente en facelo en 15 anos.[35] Luis Lacalle Pou recoñeceu o seu gusto polo mar e practica surf,[36][37] é seareiro do equipo de fútbol montevideano Club Atlético Boston River[38]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Luis Alberto Lacalle Pou Arquivado 12 de novembro de 2014 en Wayback Machine. - CIDOB
  2. "Ningún hijo del presidente duerme en la guardilla, su rincón de la adolescencia rebelde". Montevideo Portal (en castelán). Consultado o 2021-03-27. 
  3. ElPais. "Luis Lacalle Pou: el hombre que halló la calma en el camino a la Presidencia". Diario EL PAIS Uruguay (en spanish). Consultado o 2021-03-27. 
  4. Observador, El. "Lacalle Pou: "No puedo hablar de adicciones si no cuento mi historia"". El Observador. Consultado o 2021-03-27. 
  5. Observador, El. "Uruguay encabezó reducción de la pobreza en América Latina". El Observador. Consultado o 2021-03-27. 
  6. Press, U. Y. "Human Rights Watch destaca agenda de derechos en Uruguay". mysitename (en castelán). Consultado o 2021-03-27. 
  7. "Matrimonio Igualitario – IMPO" (en castelán). Consultado o 2021-03-27. 
  8. Peregil, Francisco (2012-10-18). "Uruguay legaliza el aborto". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-03-27. 
  9. "Ley 19.172". legislativo.parlamento.gub.uy. Consultado o 2021-03-27. [Ligazón morta]
  10. Peregil, Francisco; Martínez, Magdalena (2014-10-24). "“Vamos a derogar muchos artículos de la ley de la marihuana”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-03-27. 
  11. "Lacalle Pou sobre matrimonio igualitario: “Si volviera atrás lo votaría”". Montevideo Portal (en castelán). Consultado o 2021-03-27. 
  12. Grupo 180. "Lacalle Pou "suspendería" búsqueda de desaparecidos". www.180.com.uy (en castelán). Consultado o 2021-03-27. 
  13. "Lacalle Pou sobre excavaciones: "Mis palabras no fueron felices"". subrayado.com.uy (en castelán). Consultado o 2021-03-27. 
  14. Observador, El. "Lacalle Pou admitió que postura sobre desaparecidos en 2013 fue su "error más grande"". El Observador. Consultado o 2021-03-27. 
  15. "Así ocurrió: Tabaré Vázquez y Luis Lacalle Pou reconocen segunda vuelta en elecciones en Uruguay". BBC News Mundo (en castelán). 2014-10-26. Consultado o 2021-03-27. 
  16. Uruguay, Presidencia de la República Oriental del. "Luis Lacalle Pou - Presidencia de la República". Presidencia de la República Oriental del Uruguay (en castelán). Consultado o 2021-03-27. 
  17. "SEGUNDA ELECCION 2019". segundaeleccion2019.corteelectoral.gub.uy. Consultado o 2021-03-27. 
  18. Uruguay, Presidencia de la República Oriental del. "Luis Lacalle Pou asumió como presidente de la República por el período 2020-2025 - Presidencia de la República". Presidencia de la República Oriental del Uruguay (en castelán). Consultado o 2021-03-27. 
  19. Uruguay, Presidencia de la República Oriental del. "Gobierno declaró emergencia sanitaria por coronavirus y anunció las primeras medidas - Presidencia de la República". Presidencia de la República Oriental del Uruguay (en castelán). Consultado o 2021-03-27. 
  20. "Uruguay wages successful fight against COVID-19". Deutsche Welle. Consultado o 27-3-2021. 
  21. Menéndez, Carmen (2020-07-02). "¿Cuál es el secreto de Uruguay para vencer a la covid-19?". euronews (en castelán). Consultado o 2021-03-27. 
  22. "Cómo Uruguay pasó de ser una excepción en la pandemia de coronavirus al país con mayor tasa de casos nuevos en América Latina". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 2021-03-27. 
  23. diaria, la (2021-03-18). "Para el SMU las medidas anunciadas por el gobierno fueron “tibias” y estuvieron lejos de las recomendaciones del GACH". la diaria (en castelán). Consultado o 2021-03-27. 
  24. Observador, El. "SMU y sociedades científicas piden educación virtual y teletrabajo por tres semanas". El Observador. Consultado o 2021-03-27. 
  25. "Nace la ley de urgente consideración: los 10 puntos clave del proyecto de Lacalle Pou". www.elpais.com.uy (en castelán). Consultado o 2021-07-13. 
  26. Observador, El. "Estos son los 135 artículos de la LUC que el FA y las organizaciones sociales quieren llevar a referéndum". El Observador. Consultado o 2021-07-13. 
  27. "Alcanzan firmas en Uruguay para referéndum contra la ley estrella del presidente". www.efe.com (en castelán). Consultado o 2021-07-13. 
  28. Redacción (2021-09-08). "Luis Lacalle Pou comunicó interés de China en avanzar hacia un TLC con Uruguay". Diario La República (en castelán). Consultado o 2021-09-19. 
  29. "Lacalle Pou recibió carta de China y anunció que está negociando un TLC". www.elpais.com.uy (en castelán). Consultado o 2021-09-19. 
  30. "Cuatela Argentina frente al avance de las negociaciones entre China y Uruguay". Radio Nacional (en castelán). 2021-09-09. Consultado o 2021-09-19. 
  31. Centenera, Mar (2022-07-21). "Cumbre de Mercosur: la determinación de Uruguay de negociar por su cuenta con China agrieta al bloque". El País (en castelán). Consultado o 2022-07-29. 
  32. ElPais. "Lacalle Pou afirmó que con la intervención de Casa de Galicia el gobierno quiere “ordenar la casa”". Diario EL PAIS Uruguay (en spanish). Consultado o 2021-10-28. 
  33. "O Goberno de Uruguai intervén o sanatorio Casa de Galicia". Galicia Confidencial. Consultado o 2021-10-30. 
  34. Observador, El. "Lacalle Pou y Lorena Ponce de León resolvieron separarse". El Observador. Consultado o 2022-05-06. 
  35. Observador, El. "SMU y sociedades científicas piden educación virtual y teletrabajo por tres semanas". El Observador. Consultado o 2021-03-27. 
  36. Observador, El. "Lacalle Pou y su “apego” al agua: “Soy un biólogo marino frustrado”". El Observador. Consultado o 2021-03-27. 
  37. Clarín.com (2021-01-01). "El solitario surf de Luis Lacalle Pou y la postal de un verano sin argentinos en Uruguay". www.clarin.com (en castelán). Consultado o 2021-03-27. 
  38. Observador, El. "La pasión de Lacalle Pou por Boston River: hincha y socio honorario". El Observador. Consultado o 2021-03-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos:[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.