Lou Andreas-Salomé
| Lou Andreas-Salomé | |
|---|---|
| Lou Andreas-Salomé | |
| Nacemento: | 1861 San Petersburgo |
| Falecemento: | 1937 Göttingen |
| Nacionalidade: | Rusa |
| Ocupación: | Intelectual |
Lou Andreas-Salomé (nacida como Louise von Salomé), nada en San Petersburgo en 1861 e finada en Göttingen en 1937, foi unha intelectual ruso-alemá.
Traxectoria [editar]
Filla dun xeneral do exército ruso de orixe alemán, estudou na Universidade de Zúric, unha das poucas que admitía mulleres. Alí realizou estudos comparativos de relixión e cursos de filoloxía, filosofía e historia da arte. En 1882 viaxa a Roma e coñece, mentres se recuperaba dunha grave enfermidade, a Malwida von Maysenburg, coñecida polo seu feminismo e os seus salóns literarios. Alí faise amiga do escritor Paul Rée, amigo de Nietzsche, cos que proxecta a creación dunha comuna literaria que nunca se faría realidade.
Casou co lingüista Carl Friedrich Andreas, logo que este a ameazase con suicidarse, pero nunca consumou o matrimonio. Residiu en Göttingen dende 1903, onde seu home era catedrático.
Foi amiga de grandes intelectuais como Rainer Maria Rilke ou Sigmund Freud, de quen foi discípula. Tras a Primeira Guerra Mundial dedicouse á terapia psicanalítica. En 1885 publicou a súa primeira novela, Im Kampf um Gott ("Na loita por Deus").