Longueirón (molusco)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Longueirón
Ensis siliqua.jpg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Orde: Veneroida
Familia: Solenidae
Tribo: Ensis
Especies
Ensis siliqua (Linnaeus, 1758)
A cuncha do longueirón é recta

O longueirón (Ensis siliqua) é un molusco lamelibranquio mariño da familia dos solénidos, cunha cuncha formada por dúas valvas alongadas, simétricas de forma recta.

Para se agacharen dos depredadores, viven soterrados a escasa profundidade na area do interior das rías, quedando á vista só un burato por onde sacan os sifóns para alimentarse, coma tódolos bivalvos, do plancto que filtran.

Índice

Marisqueo [editar]

O marisqueo pode realizarse mediante unha arte de tracción mecánica que se serve dun angazo denominado rastro da navalla, ou botando sal nos buratos que quedan ao descuberto coa marea baixa, ou metendo un ferro neses buratos.

Este último procedemento precisa certa destreza, pois, unha vez descuberto o burato, crávase de súpeto un peculiar pau denominado fisga ou gancha introducíndoo entre as valvas, de xeito que o longueirón, ó sentir a presión e pechalas, se aferra a ela, podendo así o mariscador tirar da fisga e deixar o bivalvo ó descuberto.

Hoxe en día é habitual tamén a súa captura por mergullo a pulmón, método máis selectivo e que non dana o medio ambiente mariño.

Malia seren similares, os longueiróns son de apreciación comercial algo inferior ás navallas, por teren os primeiros a súa carne máis rexa e menos substanciosa que as segundas[1].

Gastronomía [editar]

Os longueiróns adóitanse preparar grellados, e servidos con aceite e zume de limón.

Sinonimia [editar]

O Padre Crespo recolleu en Teis a denominación de carabela para un marisco de forma alargada, sen máis explicacións, voz que reproduce tamén Aníbal Otero e que o fai provir do latín Corbula. Ningunha outra fonte dá este nome popular do longueirón. Ríos Panisse incluíu esta acepción pero sen seguridade ningunha: "El nombre vulgar probablemente se puede identificar con el n. científico de Ensis siliqua". O certo é que a descrición que dan non permite establecer ningunha identificación, existindo ademais outro invertebrado mariño denominado carabela portuguesa ou fragata portuguesa (Physalia physalis) ó que tamén podería corresponder o nome que deu Crespo.

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]