Lodoeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lodoeiro
lodoeiro (Celtis australis) en Otto Wilhelm Thomé Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885
lodoeiro (Celtis australis) en Otto Wilhelm Thomé Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Hamamelidae
Orde: Rosales
Familia: Cannabaceae
Xénero: Celtis
Especie: C. australis
Nome binomial
Celtis australis
L. Sp.Pl., 2: 1043, 1753[1]
Lledoner (Celtis australis) de Can Pujol.jpg

O lodoeiro ou lodón bravo (Celtis australis), é unha especie pertencente á familia Ulmaceae, aínda que algúns autores a inclúen nas Cannabaceae. En Galiza aparece soamente como ornamental, sendo común coma árbore de beirarrúa.

Nome galego[editar | editar a fonte]

A RAG recolle os termos lodoeiro e lodón[1]. A publicación Termos esenciais de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela recolle ademais o termo virgondoiro e a variante dialectal lidueiro. Nalgúns vocábulos aparece como lamigueiro, pero cómpre non confundilo coas árbores do xénero Populus, tamén chamados choupos.

Descrición[editar | editar a fonte]

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

É unha árbore caducifolia que pode chegar a medir entre 20 e 25 metros de altura, de tronco recto e casca cinsenta e lisa, semellante á da faia, sen fendas ou engurras; posúe unha copa arredondada e larga. As follas, de 5 a 15 cm de longo, son alternas, pecioladas e de forma ovo-lanceoladas e delicadamente serradas, con dentes de punta máis clara; a face é de cor verde escura algo pubescente e o envés, de cor máis clara con pilosidade nos nervios. Ten estípulas caedizas.
As flores pentámeras son inconspicuas, pois non teñen pétalos e o único periantio está formado por 5 sépalos caducos; son de cor amarela verdosa. O froito, é comestíbel e de sabor agradábel; é unha drupa carnosa de arredor dun centímetro de diámetro, case negro por fóra e amarelo no miolo cando está ben chegado, cunha carabuña do tamaño dun gran de pementa. Medra solitario sobre longos pedúnculos nas axilas das follas.

Florea entre marzo e abril, e os seus froitos chegan a fins do verán e polo outono.

Cariotipo[editar | editar a fonte]

Táxones infraespecíficos[editar | editar a fonte]

Sinonimia[editar | editar a fonte]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Medra en cavorcos, abas e nas bandas máis afastadas das orelas de ríos e regueiros, sendo citado coma especie dos bosques de ribeira mediterráneos, formacións de lamigueiros hidrófilas e de ulmeiros[5], sempre de climas temperados. Non soe formar bosques, aparecendo xeralmente illado sobre solos soltos e frescos, incluso pedrentos, independientemente da súa natureza calcaria ou silícea.

Distribución[editar | editar a fonte]

Nativo da Conca Mediterránea e Europa central, até altas latitudes[6]. Naturalizado e/ou cultivado no resto do mundo.

Está moi estendido na rexión mediterránea e o sudoeste de Asia, empregándose a cotío coma árbore ornamental en parques e xardíns, e na alineación de rúas pola súa tolerancia á contaminación. Tense usado tradicionalmente, por mor á boa relación peso-resistencia que ten a súa madeira, para facer certas ferramentas agropecuarias como angazos, forcas e as súas raíces para elaborar pipas para fumar.

Na península Ibérica é relativamente frecuente en toda a vertente mediterránea, Andalucía e Estremadura. En Galiza é máis común coma ornamental.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Reprodúcese tanto por semente como por esgallo, e a súa capacidade para se establecer sobre solos predrentos faino moi útil en traballos de restauración e suxeición de terreos degradados. Del aliméntanse as larvas do lepidóptero Hestina persimilis.

Propiedades[editar | editar a fonte]

Principios activos: contén taninos e mucilaxes.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=lodoeiro
  2. Datos cariológicos de algunas plantas salmantinas. Sánchez Anta, M. A., F. Gallego Martín & F. Navarro Andrés (1987), Stud. Bot. Univ. Salamanca 6:, p. 169-171
  3. Celtis en The Plant List
  4. Celtis australis en The Plant List
  5. "Vegetación de Ribera de la Mitad Norte Española". Lara, F.; Garilleti, R., y Calleja, J.A.; Monografías CEDEX; M81
  6. Celtis australis en The Euro+Medit Plantbase
  7. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Lin