Liga Mexicana de Béisbol
A Liga Mexicana de Béisbol, ou LMB, é o principal campionato de liga de béisbol profesional que se disputa en México. Trátase dunha liga de verán, a diferencia doutras ligas de béisbol mexicanas menos importantes que discorren durante os meses de outono e inverno (como a Liga Mexicana do Pacífico, ou LMP). Así pois, a LMB comeza cada ano en marzo, e remata en agosto cos play offs.
Polo número de espectadores que enchen os estadios, a LMB é a 4ª liga de béisbol mais importante do mundo, despois da MLB norteamericana, da NPB xaponesa e da KBO surcoreana.
Índice |
Liga menor [editar]
A Liga Mexicana de Béisbol naceu no ano 1925, e dende 1955 forma parte do béisbol organizado norteamericano. A LMB é unha minor league de nivel AAA, o que quere dicir que ten a máxima categoría dentro da estrutura das ligas menores da MLB norteamericana. As ligas menores son torneos asociados á MLB nas que os equipos traballan cos seus xogadores, con promesas saídas do sistema deportivo universitario norteamericano e con outros xogadores que os equipos da MLB queren poñer a proba. Moitos equipos da Liga Mexicana de Béisbol teñen acordos asinados en exclusiva con equipos da Major League Baseball para a cesión de xogadores. A Liga Mexicana de Béisbol ten a particularidade de ser a única competición pertencente ó béisbol organizado norteamericano que está enteiramente fora dos Estados Unidos.
Formato [editar]
O campionato 2011 se xogará a 40 series, 24 fronte a rivais da mesma zona (4 fronte a cada equipo, 2 como local e 2 como visitante), e 14 fronte a rivais da outra zona (2 fronte a cada equipo, 1 como local e 1 como visitante). Os primeiros 90 encontros se xogarán en series de 3 (30 series), mentres que as series restantes se xogarán a 2 partidos (10 series). En total cada equipo xogará 110 encontros. No medio da tempada regular, a finais de maio, se xogará un "encontro das estrelas".
Ó remate da tempada regular, o 4 mellores equipos de cada zona xogarán os play offs. Primeiro xogarán o 1º de cada zona fronte ó 4º, e o 2º fronte ó 3º, en eliminatorias ó mellor de 7 encontros. Despois os gañadores de cada eliminatoria se enfrontarán entre sí nas Series do campionato ó mellor de 7 encontros. Os equipos campións de cada Zona (Norte e Sur), se enfrontan por último nas Series Finais, tamén ó mellor de 7 encontros, e o gañador é o Campión da Liga Mexicana de Béisbol. Nas Series Finais ten vantaxe de campo o equipo pertencente á Zona que gaña no "encontro das estrelas".
Equipos [editar]
O torneo estará composto na tempada 2011 por 14 equipos, 2 menos do habitual (por razóns económicas), divididos en dúas zonas, norte e sur.
Campións [editar]
Os equipos mais dominadores da historia da LMB son os Diablos Rojos del México, os Tigres de Quintana Roo e os Sultanes de Monterrey, con 15, 10 e 9 títulos respectivamente.
| Equipos | Campionatos | Subcampionatos | Tempadas Campión | Tempadas Subcampión |
|---|---|---|---|---|
| Diablos Rojos | 15 | 17 | 1956, 1964, 1968, 1973, 1974, 1976, 1981, 1985, 1987, 1988, 1994, 1999, 2002, 2003, 2008 | 1940, 1941, 1946, 1947, 1957, 1958, 1963, 1966, 1970, 1977, 1991, 1995, 1996, 1997, 2000, 2001, 2011 |
| Tigres | 10 | 6 | 1955, 1960, 1965, 1966, 1992, 1997, 2000, 2001, 2005, 2011 | 1956, 1982, 1999, 2002, 2003, 2009 |
| Sultanes | 9 | 6 | 1943, 1947, 1948, 1949, 1962, 1991, 1995, 1996, 2007 | 1953, 1969, 1986, 1994, 2006, 2008 |
| Rojos del Aguila | 5 | 4 | 1937, 1938, 1952, 1961, 1970 | 1939, 1960, 1962, 1968 |
| Pericos | 4 | 5 | 1925, 1963, 1979, 1986 | 1948, 1961, 1964, 1965, 2010 |
| Saraperos | 3 | 6 | 1980, 2009, 2010 | 1971, 1972, 1973, 1988, 2004, 2005 |
| Leones | 3 | 3 | 1957, 1984, 2006 | 1954, 1989, 2007 |
| Piratas | 2 | 0 | 1983, 2004 | - |
| Broncos | 1 | 2 | 1969 | 1967, 1981 |
| Olmecas | 1 | 0 | 1993 | - |
| Guerreros | 1 | 0 | 1998 | - |
| Acereros | 0 | 1 | - | 1998 |
| Petroleros | 0 | 0 | - | - |
| Vaqueros | 0 | 0 | - | - |
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
- Major League Baseball
- Liga Xaponesa de Béisbol
- Liga Coreana de Béisbol
- División de Honra española de Béisbol
- Liga Xunta de Galicia de Béisbol