Liga Coreana de Béisbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Jamsil Stadium, en Seúl.

A Liga Coreana de Béisbol, ou KBO (do inglés Korean Baseball Organization) é o campionato de liga de béisbol profesional de Corea do Sur. O torneo naceu no ano 1982 con 6 equipos coa misión de profesionalizar este deporte no país. Na actualidade son 8 os equipos que compiten cada ano neste torneo. Cada equipo está ligado a unha empresa industrial, de xeito que algúns deles levan no seu nome a marca comercial desa empresa, por exemplo: LG Twins, Kia Tigers, Samsung Lions, e outros.

A KBO está considerada a 2ª liga de béisbol mais importante de Asia e unha das mais importantes do mundo, so por detrás da MLB norteamericana e da NPB xaponesa.

Formato[editar | editar a fonte]

A liga está composta por 8 equipos que xogan nunha mesma división. Non existen ascensos nin descensos de categoría, é unha liga pechada. Ó longo da tempada regular cada equipo xoga 133 encontros, 19 fronte a cada un dos demais equipos. Ó remate da tempada regular, se disputan uns Play Offs para determinar o campión. En primeiro lugar disputan unha eliminatoria o 3º da clasificación fronte ó 4º. O gañador desta primeira eliminatoria xoga deseguido outra eliminatoria fronte ó 2º da clasificación. Cada unha destas eliminatorias é ó mellor de 3 encontros. O gañador desta última eliminatoria compite fronte ó 1º da clasificación nas Series de Corea ó mellor de 7 encontros polo título de campión nacional.

Unha vez rematada a tempada, é tradicional dende o ano 2005 que se disputen as Series de Asia, un torneo que enfronta ó campión da KBO surcoreana e ó campión da NPB xaponesa.

South Korea location map.svg

Localización dos equipos:
Red pog.svgBears
Twins
Red pog.svgEagles
Red pog.svgTigers
Lions
Red pog.svg
Wyverns Red pog.svg
Giants
Red pog.svg
Heroes
Red pog.svg

Equipos[editar | editar a fonte]

Equipo Cidade Estadio Capacidade Fundado
Samsung Lions Daegu Daegu Stadium 14.000 1982
LG Twins Seúl Jamsil Stadium 30.000 1982
Doosan Bears Seúl Jamsil Stadium 30.000 1982
Nexen Heroes Seúl Mokdong Stadium 14.000 2008*
Lotte Giants Busan Sajik Stadium 28.500 1982
Kia Tigers Gwangju Gwangju Kia Champions Field 22.000 1982
Hanwha Eagles Daejeon Daejeon Stadium 10.000 1986
SK Wyverns Incheon Munhak Stadium 28.500 2000
NC Dinos Changwon Masan Stadium 14,164 2011
KT Wiz Suwon Suwon Stadium 20,000명 2013

- Os Nexen Heroes son os descendentes dos Hyundai Unicorns, 4 veces campións

Campións[editar | editar a fonte]

O equipo mais dominador da liga coreana de béisbol é o Kia Tigers, que ten gañado o campionato 10 veces, a última en 2009; por diante do Samsung Lions, so 4 veces campión, pero que é o equipo con mais finais disputadas, 13, a última en 2010.

Equipo Campionatos Subcampionatos Tempadas Campións Tempadas Subcampións
KIA Tigers
10
0
1983, 1986, 1987, 1988, 1989, 1991, 1993, 1996, 1997, 2009
Samsung Lions
6
9
1985, 2002, 2005, 2006, 2011, 2013 1982, 1984, 1986, 1987, 1990, 1993, 2001, 2004, 2010
Nexen Heroes
4
2
1998, 2000, 2003, 2004 1994, 1996
Doosan Bears
3
5
1982, 1995, 2001 2000, 2005, 2007, 2008 , 2013
SK Wyverns
3
4
2007, 2008, 2010 2003, 2009, 2011 , 2012
LG Twins
2
4
1990, 1994 1983, 1997, 1998, 2002
Lotte Giants
2
2
1984, 1992 1995, 1999
Hanwha Eagles
1
5
1999 1988, 1989, 1991, 1992, 2006

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • MLB Liga de Estados Unidos
  • NPB Liga de Xapón
  • LMB Liga de México

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]