Liga Xaponesa de Béisbol
A Liga Xaponesa de Béisbol, ou NPB (do inglés Nippon Professional Baseball) é o campionato de liga de béisbol profesional do Xapón. Está considerada a 2ª liga de béisbol mais potente do mundo por detrás da Major League Baseball dos Estados Unidos. Varias estrelas xaponesas desta liga teñen sido fichadas por equipos americanos, como Hideki Matsui, Ichiro Suzuki, Daisuke Matsuzaka e outros, conseguindo triunfar tamén na MLB. A asistencia media de afeccionados ós estadios era de 25.000 persoas no ano 2008[1].
Índice |
Formato[editar]
A torneo xaponés está composto por 12 equipos divididos en dúas ligas, chamadas Liga Central e Liga Pacífico. Nel non existen ascensos nin descensos de categoría. O campionato comeza no mes de marzo, e durante a tempada regular cada equipo xoga 144 encontros, a maioría deles fronte a equipos da súa mesma liga. O máis habitual é que cada equipo xogue 6 días á semana, descansando os luns, salvo excepcións. Cando a 2 equipos lles toca xogar entre sí, o fan 3 días seguidos, e despois xogan outros 3 partidos seguidos fronte a outro rival, logo descansan un día, e así sucesivamente.[2] No medio da tempada regular se disputa un "encontro das estrelas" entre combinados de xogadores cada unha das dúas ligas.
En outubro remata a tempada regular e teñen lugar os Play Offs de cada unha das dúas ligas. Nos Play Offs se enfrontan primeiro o 2º e o 3º equipo da clasificación de cada liga ó mellor de 3 encontros, e o gañador xoga a final fronte ó 1º da clasificación desa liga ó mellor de 7 encontros. Para rematar, deseguido se disputan as Series do Xapón, na que se enfrontan os dous equipos campións ó mellor de sete encontros, para decidir cal dos dous equipos é o campión nacional.
Cando remata a tempada, é costume dende o ano 2005 que o campión da NPB dispute as Series de Asia fronte ó equipo campión da KBO surcoreana. Entre o ano 2005 e o 2008 tamén participaban nestas Series de Asia os campións das ligas moito menos importantes de Taiwan e de China. Dende a primeira edición das Series de Asia, en 2005, éstas sempre foron gañadas polo equipo campión xaponés.
Semellanzas entre a NPB e a MLB[editar]
Ó igual que a MLB, a NPB está composta por dúas ligas (Xapón: Ligas Central e Pacífico. USA: Ligas Americana e Nacional). A Liga Pacífico asemellase á Liga Americana na norma do bateador designado, norma que non seguen nin a Liga Central xaponesa nin a Liga Nacional norteamericana. Cando un equipo dunha liga xoga fronte a un equipo da outra, a norma que se usa é a que segue equipo local. A maior diferencia entre a NPB e a MLB é que na liga xaponesa os encontros poden rematar en táboas, mentres que nese caso en Norteamérica se xogan as entradas extra que sexan precisas ata desfacer as táboas.
Equipos[editar]
| Equipo | Cidade | Estadio | Capacidade | Fundado |
|---|---|---|---|---|
| Liga Central | ||||
| Chunichi Dragons | Nagoya | Nagoya Dome | 38.500 | 1936 |
| Hanshin Tigers | Nishinomiya | Estadio Kōshien | 50.500 | 1935 |
| Hiroshima Toyo Carp | Hiroshima | Estadio Mazda | 32.000 | 1949 |
| Tokyo Yakult Swallows | Tokio | Estadio Meiji-Jingu | 38.000 | 1950 |
| Yokohama BayStars | Yokohama | Estadio de Yokohama | 30.000 | 1950 |
| Yomiuri Giants | Tokio | Tokio Dome | 42.000 | 1934 |
| Liga Pacífico | ||||
| Chiba Lotte Marines | Chiba | Estadio Chiba Marine | 30.200 | 1950 |
| Fukuoka SoftBank Hawks | Fukuoka | Fukuoka Yahoo! Japan Dome | 36.000 | 1938 |
| Hokkaido Nippon Ham Fighters | Sapporo | Sapporo Dome | 40.800 | 1946 |
| Orix Buffaloes | Osaka Kobe |
Osaka Dome Skymark Stadium |
37.000 35.000 |
2004 |
| Saitama Seibu Lions | Tokorozawa | Seibu Dome | 36.000 | 1950 |
| Tohoku Rakuten Golden Eagles | Sendai | Estadio de béisbol Miyagi | 23.000 | 2004 |
Campións[editar]
O equipo mais dominador da historia da Liga Xaponesa de Béisbol é o Yomiuri Giants[3] da Liga Central, 21 veces campións das Series do Xapón (a última en 2009), seguido do Seibu Lions[4] da Liga Pacífico, 13 veces campión (a última en 2008).
| Liga Central | Liga Pacífico |
| Ano | Campión | Finalista | Serie | Mellor Xogador |
|---|---|---|---|---|
| 1950 | Mainichi Orions | Shochiku Robins | 4-2 | Kaoru Bettou |
| 1951 | Yomiuri Giants | Nankai Hawks | 4-2 | Yukou Minamimura |
| 1952 | Yomiuri Giants | Nankai Hawks | 4-2 | Takehiko Bessho |
| 1953 | Yomiuri Giants | Nankai Hawks | 4-2-1 | Tetsuharu Kawakami |
| 1954 | Chunichi Dragons | Nishitetsu Lions | 4-3 | Shigeru Sugishita |
| 1955 | Yomiuri Giants | Nankai Hawks | 4-3 | Takehiko Bessho |
| 1956 | Nishitetsu Lions | Yomiuri Giants | 4-2 | Yasumitsu Toyoda |
| 1957 | Nishitetsu Lions | Yomiuri Giants | 4-0-1 | Hiroshi Oshita |
| 1958 | Nishitetsu Lions | Yomiuri Giants | 4-3 | Kazuhisa Inao |
| 1959 | Nankai Hawks | Yomiuri Giants | 4-0 | Tadashi Sugiura |
| 1960 | Taiyō Whales | Oriones Daimai | 4-0 | Akihito Kondo |
| 1961 | Yomiuri Giants | Nankai Hawks | 4-2 | Toshio Miyamoto |
| 1962 | Toei Flyers | Hanshin Tigers | 4-2-1 | Masayuki Dobashi, Masayuki Tanemo |
| 1963 | Yomiuri Giants | Nishitetsu Lions | 4-3 | Shigeo Nagashima |
| 1964 | Nankai Hawks | Hanshin Tigers | 4-3 | Joe Stanka |
| 1965 | Yomiuri Giants | Nankai Hawks | 4-1 | Shigeo Nagashima |
| 1966 | Yomiuri Giants | Nankai Hawks | 4-2 | Isao Shibata |
| 1967 | Yomiuri Giants | Hankyu Braves | 4-2 | Masaaki Mori |
| 1968 | Yomiuri Giants | Hankyu Braves | 4-2 | Shigeru Takada |
| 1969 | Yomiuri Giants | Hankyu Braves | 4-2 | Shigeo Nagashima |
| 1970 | Yomiuri Giants | Lotte Orions | 4-1 | Shigeo Nagashima |
| 1971 | Yomiuri Giants | Hankyu Braves | 4-1 | Toshimitsu Suetsugu |
| 1972 | Yomiuri Giants | Hankyu Braves | 4-1 | Tsuneo Horiuchi |
| 1973 | Yomiuri Giants | Nankai Hawks | 4-1 | Tsuneo Horiuchi |
| 1974 | Lotte Orions | Chunichi Dragons | 4-2 | Sumio Hirota |
| 1975 | Hankyu Braves | Hiroshima Toyo Carp | 4-0-1 | Takashi Yamaguchi |
| 1976 | Hankyu Braves | Yomiuri Giants | 4-3 | Yutaka Fukumoto |
| 1977 | Hankyu Braves | Yomiuri Giants | 4-1 | Hisashi Yamada |
| 1978 | Tokyo Yakult Swallows | Hankyu Braves | 4-3 | Katsuo Osugi |
| 1979 | Hiroshima Toyo Carp | Kintetsu Buffaloes | 4-3 | Yoshihiko Takahashi |
| 1980 | Hiroshima Toyo Carp | Kintetsu Buffaloes | 4-3 | Jim Lyttle |
| 1981 | Yomiuri Giants | Hokkaidō Nippon Ham Fighters | 4-2 | Takashi Nishimoto |
| 1982 | Seibu Lions | Chunichi Dragons | 4-3 | Osamu Higashio |
| 1983 | Seibu Lions | Yomiuri Giants | 4-3 | Takuji Ota |
| 1984 | Hiroshima Toyo Carp | Hankyu Braves | 4-3 | Kiyoyuki Nagashima |
| 1985 | Hanshin Tigers | Seibu Lions | 4-2 | Randy Bass |
| 1986 | Seibu Lions | Hiroshima Carp | 4-3-1 | Kimiyasu Kudo |
| 1987 | Seibu Lions | Yomiuri Giants | 4-2 | Kimiyasu Kudo |
| 1988 | Seibu Lions | Chunichi Dragons | 4-1 | Hiromichi Ishige |
| 1989 | Yomiuri Giants | Kintetsu Buffaloes | 4-3 | Norihiro Komada |
| 1990 | Seibu Lions | Yomiuri Giants | 4-0 | Orestes Destrade |
| 1991 | Seibu Lions | Hiroshima Toyo Carp | 4-3 | Kouji Akiyama |
| 1992 | Seibu Lions | Yakult Swallows | 4-3 | Takehiro Ishii |
| 1993 | Yakult Swallows | Seibu Lions | 4-3 | Kenjiro Kawasaki |
| 1994 | Yomiuri Giants | Seibu Lions | 4-1 | Hiromi Makihara |
| 1995 | Tokyo Yakult Swallows | Orix BlueWave | 4-1 | Thomas O'Malley |
| 1996 | Orix BlueWave | Yomiuri Giants | 4-1 | Troy Neel |
| 1997 | Tokyo Yakult Swallows | Seibu Lions | 4-1 | Atsuya Furuta |
| 1998 | Yokohama BayStars | Seibu Lions | 4-2 | Takanori Suzuki |
| 1999 | Fukuoka Daiei Hawks | Chunichi Dragons | 4-1 | Kouji Akiyama |
| 2000 | Yomiuri Giants | Fukuoka Daiei Hawks | 4-2 | Hideki Matsui |
| 2001 | Tokyo Yakult Swallows | Osaka Kintetsu Buffaloes | 4-1 | Atsuya Furuta |
| 2002 | Yomiuri Giants | Seibu Lions | 4-0 | Tomohiro Nioka |
| 2003 | Fukuoka Daiei Hawks | Hanshin Tigers | 4-3 | Toshiya Sugiuchi |
| 2004 | Seibu Lions | Chunichi Dragons | 4-3 | Takashi Ishii |
| 2005 | Chiba Lotte Marines | Hanshin Tigers | 4-0 | Toshiaki Imae |
| 2006 | Hokkaido Nippon Ham Fighters | Chunichi Dragons | 4-1 | Atsunori Inaba |
| 2007 | Chunichi Dragons | Hokkaido Nippon Ham Fighters | 4-1 | Norihiro Nakamura |
| 2008 | Saitama Seibu Lions | Yomiuri Giants | 4-3 | Takayuki Kishi |
| 2009 | Yomiuri Giants | Hokkaido Nippon Ham Fighters | 4-2 | Shinnosuke Abe |
| 2010 | Chiba Lotte Marines | Chunichi Dragons | 4-2-1 | Toshiaki Imae |
| 2011 | Fukuoka SoftBank Hawks | Chunichi Dragons | 4-3 | Hiroki Kokubo |
Véxase tamén[editar]
Notas[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Páxina oficial (en inglés)