Carlota de México

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emperatriz Carlota de México

Carlota de Bélxica, e logo Carlota de México, nome completo: María Carlota Amelia Augustina Victoria Clementina Leopoldina de Saxonia-Coburgo e Gotha, foi emperatriz de México durante o Segundo imperio mexicano de Maximiliano I de México.

Única filla de Leopoldo I, rei dos belgas, naceu no palacio de Laeken, en Bruselas, o 7 de xullo de 1840. O 27 de xullo de 1857 casa co arquiduque Maximiliano de Austria, irmán de Francisco Xosé de Austria e gobernador pola época de Lombardia e Venecia.

Trala incursión de Napoleón III en México, e coa intención de converte-lo país américano en satélite de Francia, Maximiliano acepta a oferta francesa de coroarse emperador de México, e polo tanto Carlota emperatriz (1864).

O estado mental de Carlota comezou a declinar co esmorecemento do propio recén nacido imperio. Volta a Europa e é internada no castelo de Miramar en Trieste (Italia), e logo en Meise (Bélxica), onde morrería o 19 de xaneiro de 1927.

Castelo de Miramar
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Carlota de México