Queronea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Queronea (grego antigo Χαιρώνεια, Khairốneia) foi unha antiga cidade de Grecia situada na rexión de Beocia, na desembocadura do río Cefiso e contigua á rexión da Fócida. Esta cidade fíxose famosa na historia por ter sido o escenario de batallas moi importantes e decisivas para o devir de Atenas.

Historia e características[editar | editar a fonte]

No ano -447, Queronea estaba en poder dos partidarios de Atenas que exercían a supremacía en Beocia. Por medio dun golpe de estado, o poder quedou en mans dos inimigos da principal pole grega. Os atenienses enviaron entón a Tólmides cun pequeno exército para que recuperase a cidade, pero foi derrotado, nas inmediacións, entre Queronea e Coronea, por unha alianza beocia contraria a Atenas. Tólmides morreu nesa batalla e Atenas perdeu a súa supremacía en Beocia.

En -424, a través dun complot intentouse que a cidade quedase en poder os atenienses. O plan foi descuberto e fracasou, polo que a cidade foi ocupada por unha forza beocia. Durante a guerra focidia, a cidade foi asediada sen éxito por Onomarco, o estratego focidio, e despois ocupada polo seu fillo Faleco.

O 7 de agosto de -338 desenvólvese a máis cruenta das batallas, na que Filipo II de Macedonia derrota ás forzas atenienses e beocias e, deste modo, comprométese a liberdade de Grecia, que queda baixo a influencia macedonia.

A última gran batalla de Queronea tivo lugar no ano -86, entre o exército romano mandado por Sila e o rei do Ponto, Mitrídates VI Eupátor

En Queronea naceu Plutarco, quen tamén morreu nesta mesma urbe. A cidade existiu durante todo o Imperio Romano e foi un centro de refinamento de aceites e perfumes de flores, que se usaban como remedios contra diverso tipo de dores. Queronea desapareceu durante a Idade Media.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]