Bronisław Komorowski
| Bronisław Komorowski | |
Bronisław Komorowski |
|
|
|
|
|---|---|
| Actualmente no cargo | |
| Dende o 10 de abril de 2010 | |
| Precedido por | Lech Kaczynski |
|
Datos persoais
|
|
| Nacemento | 4 de xuño de 1952 (61 anos) |
| Profesión | historiador, político |
| Alma mater | Universidade de Varsovia |
Bronisław Maria Karol Komorowski, nado en Oborniki Śląskie o 4 de xuño de 1952, é un político polaco, e Presidente en funcións de Polonia[1]tras o falecemento de Lech Kaczynski o 10 de abril de 2010 nun accidente de aviación, segundo o disposto na constitución de Polonia na súa calidade de Presidente do Parlamento no momento do falecemento do titular no cargo.[2] Sería escollido en eleccións presidenciais o 20 de xuño, con segunda volta o 4 de xullo do mesmo ano. Formalmente é presidente de Polonia desde o 6 de agosto.
Índice |
Traxectoria[editar]
Militou na Unión Democrática (Unia Demokratyczna), Alianza da Liberdade (Unia Wolnośći), Partido Conservador-Popular(Stronnictwo Konserwatywno-Ludowe). Actualmente é un dos lideres da Plataforma Cívica, de centro dereita liberal e europeísta.
Procedente dunha familia nobre polaca, durante a época comunista foi membro do Scout, onde xa se destacou pola súa oposición ao réxime. Traballou como xornalista e editor, dende cuxa posición publicou textos críticos co comunismo, o que lle supuxo sufrir prisión durante gran parte dos anos 80. Nesta época, xa estaba unido ao movemento Solidariedade liderado por Lech Walesa.
Tras a caida do réxime do xeneral Wojciech Jaruzelski (1989) e coa chegada da democracia foi deputado e posteriormente Ministro de Defensa (2000-2001), no goberno liderado por Jerzy Buzek. Tras as últimas eleccións lexislativas (2007) e o triunfo de Plataforma Cívica, foi nomeado presidente o Parlamento polaco.
O 10 de abril de 2010, a consecuencia do falecemento do Presidente Lech Kaczynski nun accidente de aviación en Smolensk (Rusia), asumiu o cargo de Presidente de Polonia en funcións, na súa calidade de presidente do lexislativo, de acordo coas disposicións constitucionais, coa obrigación de exercer o cargo de maneira interna até a convocatoria de novas eleccións presidenciais no prazo máximo de 2 meses.
| Predecesor: Lech Kaczyński |
Presidente de Polonia 10 de abril – 8 de xullo de 2010 |
Sucesor: Bogdan Borusewicz |
| Predecesor: Grzegorz Schetyna |
Presidente de Polonia 6 de agosto de 2010 - Actualidade |
Sucesor: No cargo |
Notas[editar]
- ↑ Bronislaw Komorowski, un ambicioso presidente en funcións. 10-4-2010. http://www.elmundo.es/elmundo/2010/04/10/internacional/1270900157.html. Consultado o 11-4-2010.
- ↑ Polonia convoca elecciones presidenciales tras la muerte de Kaczynski. 10-4-2010. http://www.elpais.com/articulo/internacional/Polonia/convoca/elecciones/presidenciales/muerte/Kaczynski/elpepuint/20100410elpepuint_5/Tes. Consultado o 11-4-2010.