Laurie Lee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Laurence Edward Alan "Laurie" Lee, MBE, nado o 26 de xuño de 1914 en Stroud (condado de Gloucester) e finado na aldea veciña de Slad o 13 de maio de 1997, foi un novelista e poeta inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado na vila de Stroud, a súa familia mudouse á aldea veciña de Slad cando el tiña tres anos, en 1917. Nese tempo o seu pai marcha a combater na Primeira Guerra Mundial e ao remate decide non volver onda a súa familia, polo que Lee se criou unicamente coa nai. Estuda na escola local, pero déixaa aos quince anos para andar nos camiños. Nas proximidades da súa aldea traba coñecemento cunha colonia de anarquistas e ao pouco (1933) marcha a gañar a vida en Londres, traballando de axudante en oficinas e de peón nunhas obras durante un ano, e época na que lle publican os seus primeiros poemas nos xornais.

No verán de 1935 decide coñecer mundo e marcha a España a gañar a vida tocando o violín nas rúas. Desembarca no porto de Vigo, cruza o sur de Galicia en dirección a Zamora e a finais dese verán, despois de coñecer Madrid, Toledo e o escritor surafricano Roy Campbell, instálase en Almuñécar (Málaga), onde permanecerá ata o comezo da Guerra Civil española. Nos primeiros días da contenda, Lee é rescatado por un buque de guerra británico con base en Xibraltar e regresa a Londres, onde comeza a estudar Belas Artes. Pero meses máis tarde, presionado moralmente por abandonar España no comezo da Guerra, cruza a Francia e de alí atravesa os Pireneos a pé para incorporarse ás Brigadas Internacionais na loita contra o exército golpista.

De volta en Inglaterra, Lee traballou como xornalista e como guionista. Durante a Segunda Guerra Mundial realizou varios documentais para departamentos do goberno británico, ata que a partir de 1944 traballa como director de publicacións para o Ministerio de Información do Reino Unido. [1] En 1950 Lee casa con Catherine Francesca Polge, coa que tivo unha filla, Jessie. De 1950 a 1951 traballou como subtitulador do Festival of Britain, traballo polo que lle foi concedida a Orde do Imperio Británico en 1952.

A partir dese ano dedícase profesionalmente á escrita e merca unha casa na aldea onde se criou, onde vivirá dende a década dos sesenta ata o seu falecemento a finais do século XX.

Obra[editar | editar a fonte]

A súa triloxía autobiográfica é a súa obra máis coñecida, e o primeiro volume, Cider with Rosie (1959), é unha lectura escolar común no Reino Unido. Con todo, a súa primeira publicación foi un poema, que viu a luz en 1934 no xornal The Sunday Referee.

Ningunha das obras de Lee foi aínda traducida ao galego.

Ficción e non ficción[editar | editar a fonte]

  • Land at War (1945)
  • An Obstinate Exile (1951)
  • A Rose for Winter: Travels in Andalusia (1955)
  • Man Must Move: The Story of Transport (with David Lambert) (1960)
  • The Firstborn (1964)
  • I Can't Stay Long (1975)
  • Innocence in the Mirror (1978)
  • Two Women (1983)

Autobiografía[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • The Sun My Monument (1944)
  • The Bloom of Candles: Verse from a Poet's Year (1947)
  • My Many-Coated Man (1955)
  • Poems (1960)
  • Selected Poems (1983)

Gravacións[editar | editar a fonte]

  • Laurie Lee Reading His Own Poems (1960)

Obras de teatro[editar | editar a fonte]

  • The Voyage of Magellan: A Dramatic Chronicle for Radio (broadcast 1946; published 1948)
  • Peasants' Priest (1947)

Guións[editar | editar a fonte]

  • Cyprus Is an Island (1946)
  • A Tale in a Teacup (1947)

Obras para a radio[editar | editar a fonte]

  • The Voyage of Magellan (1946)[2]

Galardóns[editar | editar a fonte]

Ademais da Orde do Imperio Británico, recibiu Lee algúns premios literarios, como o premio da Society of Authors ao libro de viaxe en 1951 ou o premio de poesía William Foyle en 1956.

Notas[editar | editar a fonte]