Lana Del Rey
| Lana Del Rey | |
|---|---|
Lana Del Rey na promoción do seu álbum en Seattle, 2012. |
|
| Nome completo | Elizabeth Woolridge Grant |
| Alias | |
| Naceu | 21 de xuño de 1986 (26 anos) |
| Orixe | Lake Placid, Nova York |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | Músico, compositora |
| Xénero | Indie pop, Rock alternativo, Pop barroco, Sadcore |
| Instrumento(s) | Cantante, guitarra |
| Tipo de voz | Contralto |
| Selo(s) discográfico (s) | Interscope, Polydor, Stranger |
| Relacionado con | |
| Tempo en activo | 2008 - presente |
| Web | www.lanadelrey.com |
Elizabeth Woolridge Grant, máis coñecida como Lana Del Rey, nada o 21 de xuño de 1986 en Nova York, é unha cantante e compositora estadounidense. Criada ao norte do Estado de Nova York, Del Rey trasladouse á cidade de Nova York aos dezaoito anos, onde foi á universidade e comezou a escribir música e a actuar en pequenos clubs.
En 2008, Del Rey asinou un contrato cunha marca independente e gravou o seu álbum de estrea homónimo, dispoñible en iTunes en 2010; Del Rey comprou de novo os dereitos do seu álbum e foi retirado pouco despois.
En xuño de 2011, editou a canción "Video Games" no Internet, acompañada por un vídeo musical feito por ela mesma, que se fixo moi popular nos meses seguintes. A canción foi editada máis tarde coma sinxelo no mes de outubro, liderando o álbum de estrea nunha gran compañía del Del Rey, Born to Die, editado o 31 de xaneiro de 2012 a través de Interscope Records. Born to Die debutou no número un en sete países, incluíndo o Reino Unido[1] e Australia. O álbum deu dous sinxelos que chegaron ó top 10 en todo o mundo: "Video Games" e "Born to Die".
A música de Del Rey ten referencias a varios aspectos da cultura de pop, en particular dos anos 50 e 60. Entre as súas influencias musicais, Del Rey cita a Britney Spears, Eminem, Nirvana, Elvis Presley e Antony and the Johnsons entre outros.[2]
Índice |
Discografía [editar]
Álbums de estudio [editar]
- Lana Del Ray A.K.A. Lizzy Grant - 2010
- Born To Die - 2012
EP [editar]
- Kill Kill - 2008 (descarga dixital)
- Video Games EP - 2011 (CD, vinilo, descarga dixital)
- Video Games/Blue Jeans Remix EP - 2011 (Vinilo)
- Video Games: The Remix EP - 2012 (CD, descarga dixital)
- Born to Die: The Remix EP - 2012 (CD, vinilo, descarga dixital)
- Lana Del Rey - 2012 (descarga dixital)
- Blue Jeans: The Remix EP - 2012 (CD, vinilo, descarga dixital)
Sinxelos [editar]
- Video Games - 2011 (CD, vinilo, descarga dixital)
- Born To Die - 2012 (CD, vinilo, descarga dixital)
- Blue Jeans - 2012 (CD, vinilo, descarga dixital)
- Carmen - 2012
Notas [editar]
- ↑ Jones, Alan (2012-02-06). "Official Chart Analysis: Lana Del Rey album sells 117k, 43% digital". Music Week. http://www.musicweek.com/story.asp?sectioncode=1&storycode=1048405&c=1. Consultado o 2012-03-29.
- ↑ Michelson, Noah (8 de agosto de 2011). "Look: Lana Del Rey's "Video Games"". Out. Joe Landry. http://www.out.com/entertainment/popnography/2011/08/first-look-lana-del-reys-video-games.html. Consultado o 22 de decembro de 2011.