Eminem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eminem
Eminem performing in 2011.jpg
Eminem actuando en 2011
Nome completo Marshall Bruce Mathers III
Naceu 17 de outubro de 1972 (42 anos)
Orixe St. Joseph, Missouri Flag of the United States.svg
Xénero rap
Instrumento(s) voz

Eminem, nado como Marshall Bruce Mathers III en St. Joseph (Missouri) o 17 de outubro de 1972, é un cantante de rap estadounidense. O seu alcume de Eminem sacouno das iniciais do seu verdadeiro nome (M&M).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante a súa infancia viviu a cabalo entre Kansas e Detroit. Asistiu ó Lincoln High School en Warren entre 1986 e 1989. O alternar escolas cada dous ou tres meses fixo difícil que tivese amigos, se graduase e permanecese lonxe dos problemas.

O rap, porén, convertese no seu consolo. As batallas rapeiras contra os seus compañeiros de clase no comedor aportáronlle diversión. Se ben posteriormente abandonou os estudos e houbo de buscar traballos a tempo completo cun salario precario, o seu foco musical permaneceu constante.

Casou con Kim, estando agora divorciados, e tiveron unha filla, Haile Jade, nada o 25 de decembro de 1995.

Eminem escoita todo tipo de hip hop. Os seus artistas favoritos son Tupac, Redman ou Beastie Boys entre outros. Non escoita moitos outros tipos de música, pero tamén lle gustan No Doubt e Alanis Morissette. Dise del que é un perfeccionista e moi sarcástico. Eminem confesou que algún día lle gustaría ser actor, e de feito xa tivo algunha experiencia, como a película 8 Mile, onde se pretendía reflectir a súa vida real: O pai abandonounos a el e a súa nai, cando era pequeno, polo que apenas se lembra del. A nai converteuse nunha alcohólica debido á súa separación e ós problemas económicos para manter ós seus dous fillos. Viven nun auto-caravana e as condicións son moi pobres. O protagonista acábase facendo rico e famoso debido o hip-hop que el mesmo compón.

O primeiro disco de Eminem, Infinite, editouse en 1996. Malia o seu fracaso comercial, en 1997 gravou o EP Slim Shady. Participou pouco despois nas Olimpiadas do Rap dos Ánxeles, onde logrou un honroso segundo lugar, a posibilidade de tocar nun programa de radio e de facer escoitar o seu disco a un executivo de Interscope. O EP chegou finalmente a mans de Dr. Dre, que ata agora foi o mentor da súa carreira. Provocando reaccións de todo tipo, Eminem fai o que lle gusta e de paso vende millóns de discos.

Eminem converteuse nun dos artistas que máis discos vendeu na historia da industria do rap, non só superando con creces a Vanilla Ice, o primeiro branco que se sumou ó movemento arraigado na comunidade negra a finais dos oitenta, senón tamén igualando ou superando a líderes do hip-hop americano e logrando ser o primeiro artista branco en aparecer na portada de The Source, revista musical dirixida á comunidade Afro-Americana.