Josephine Baker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Josephine Baker.

Freda Josephine McDonald, máis coñecida polo pseudónimo de Josephine Baker, nada en Saint Louis en 1906 e finada en París en 1975, foi unha bailarina e cantante afroamericana, coñecida como a Venus negra, cidadá francesa dende 1937.

Gañou o seu primeiro concurso de baile aos 14 anos, e comeza a actuar en vodeviles en Nova York. O 2 de outubro de 1925 actúa en París e obtén un éxito inmediato co seu espectáculo de baile erótico no que aparece case espida, despois dunha xira exitosa por Europa instálase en París onde se converte nunha estrela, nos seus espectáculos faise acompañar do leopardo Chiquita, adornado cun colar de diamantes. O escritor Ernest Hemingway dixo dela que era a muller máis sensacional que ninguén vira nunca.

Convertida nunha musa para pintores e escultores, Baker protagonizou os filmes Zouzou (1934) e Princesse Tamtam (1935). Durante a Segunda Guerra Mundial participou na Resistencia francesa.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas