José Santiago Crespo Pozo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José Santiago Crespo Pozo, nado en Redondela o 8 de xullo de 1909 e finado en Xunqueira de Ambía o 10 de novembro de 1978, foi un escritor galego.

Traxectoria [editar]

Fixo os seus primeiros estudos en Vigo en colexios dos xesuítas e salesianos. Ingresa logo no convento mercedario de Sarria, Lugo, no que emite os votos en 1926. Pasou de aí ao mosteiro de San Xoán de Poio, para completar estudos de Filosofía e Teoloxía. Profesa a orde sacerdotal en 1931. Dentro da orde mercedaria ostentou postos directivos diversos, tanto en España como en América Latina. Durante a Guerra Civil (1936-1939) foi voluntario nas tropas dos sublevados. Foi membro correspondente de diversas institucións culturais como a Real Academia Galega ou a Real Academia da Historia.

Da súa obra escrita cabería destacar os seus estudos de Heráldica, Xenealoxía e Lexicografía.

Obra publicada (selección) [editar]

  • Santa Trahamunda. Leyenda sacra. Pontevedra. 1943
  • Ascendencia gallega de Bolívar. Bogotá. 1953
  • Linajes de Galicia en el Perú. Lima. 1953
  • Santa María de Pontevedra. Labras heráldicas y enterramientos de familias hidalgas. Pontevedra
  • Blasones y Linajes de Galicia. 4 tomos. 1957-1965.
  • Contribución a un Vocabulario Castellano-Gallego. Madrid. 1963.
  • Nueva contribución a un Vocabulario Castellano-Gallego: con indicación de fuentes e inclusión del gallego literario (galaico-portugués). 4 tomos. 1972-1985.