José María Gutiérrez Hernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guti
JM Guti.jpg
Guti xogando para o Real Madrid.
Información persoal
Nome completo José María Gutiérrez Hernández
Nacemento 31 de outubro de 1976 (37 anos)
Lugar Torrejón de Ardoz, España
Altura 1,83 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
1986–1994 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1994–1995 Real Madrid C 12 (3)
1995–1996 Real Madrid B 26 (11)
1995–2010 Real Madrid 387 (46)
2010–2011 Beşiktaş 23 (7)
Total 448 (67)
Selección nacional
1995 España sub-18 4 (1)
1996–1998 España sub-21 8 (1)
1999–2005 España 13 (3)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

José María Gutiérrez Hernández, coñecido como Guti, nado o 31 de outubro de 1976 en Torrejón de Ardoz, é un ex futbolista español. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Guti chegou con nove anos á canteira do Real Madrid. Na tempada 1995-96, chegou ao Real Madrid B (actual Real Madrid Castilla), que entón estaba na Segunda división.

En Primeira División[editar | editar a fonte]

Guti debutou no Real Madrid, o único equipo onde xogou en Primeira División, o 2 de decembro de 1995, da man de Jorge Valdano, no partido Real Madrid-Sevilla, que finalizou co resultado de 4-1 favorable ao equipo local.

Durante os primeiros anos, Guti foi un xogador de persoal, e non dispuxo de moitos minutos debido a que había outros xogadores que xogaban na súa mesma demarcación.

A súa situación cambiou coa chegada ao banco do primeiro equipo de Vicente del Bosque como adestrador branco, na tempada 1999/00, para suplir ao destituído John Benjamin Toshack. Guti empezou a ser importante para del Bosque en parte grazas ao traballo de ximnasio que realizou o xogador, que lle proporcionou unha maior corpulencia e musculatura máis forte, favorecendo as súas calidades técnicas e en consecuencia, o seu xogo. O innegable salto de calidade do xogador tivo como premio o aumento nos minutos de xogo e nas súas actuacións como titular, ademais do seu debut coa Selección de España o 5 de maio de 1999 nun partido contra Croacia, que España gañou 3-1.

Na campaña seguinte, a tempada 2000-01, Guti asentouse no primeiro equipo. Debido a unha lesión de Fernando Morientes, Guti tivo que ocupar a posición de dianteiro, anotando 14 goles que contribuíron á consecución da liga número 28. Nesta campaña gañouse o seu segundo sobrenome máis coñecido (tras 'Guti') durante un partido no Madrigal no que se encarou cuns afeccionados. Guti chamou "paletos" a seguidores do Villarreal e dedicoulles un peite mentres se dirixía ao autocar do seu equipo. O Madrid impúxolle ao '14' unha multa disciplinaria dun millón de pesetas e no Madrigal fixéronlle a 'cruz' (a partir de entón, foi habitual ver como a afección do Madrigal corea o sobrenome de 'Paleto' en referencia a Guti).

Desde entón Guti contou sempre con minutos e máis tarde ou máis cedo os adestradores que foron pasando polo Real Madrid recompensáronlle coa titularidade na maior parte dos encontros. É parte imprescindible en todos os títulos que o Real Madrid conseguiu desde o seu debut.

Coa chegada de Bernd Schuster ao banco, Guti asentouse como titular case indiscutible na posición de mediocentro ofensivo e peza clave para o equipo. Na primeira tempada do alemán como adestrador branco, a tempada 2007-08, Guti converteuse no máximo asistente da competición con 14 pases de gol.

O 14 de setembro de 2008, durante o partido que enfrontaba ao Real Madrid co Club Deportivo Numancia, Guti marcou o gol 5.000 do Real Madrid en Liga.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

O seu debut coa selección absoluta produciuse o 5 de maio de 1999 en Torremolinos (España), nun partido que España lle gañou 3-1 a Croacia.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou coa ex-presentadora de televisión e empresaria dunha axencia de modelos, Arancha de Benito, o 22 de xuño de 1999 na Igrexa dos Xerónimos de Madrid, da que se divorciou en 2009 segundo un comunicado emitido polo xogador o 14 de abril de 2009.

Teñen dous fillos, unha nena, Zaira, nada o 15 de decembro de 2000, e un neno, Aitor José, nado o 21 de xaneiro de 2001.

Guti apareceu en dúas películas facendo un cameo: En Torrente 3: El Protector, xunto aos seus compañeiros do Real Madrid Iker Casillas e por aquel entón Iván Helguera; e tamén en ¡Goool! 2: Viviendo el sueño, en ambas as dúas facendo de si mesmo. Tamén apareceu na película/documental Real, la película.

Goles[editar | editar a fonte]

Esta táboa inclúe os partidos de Primera División de España, Copa do Rei e Liga de Campións da UEFA.

Traxectoria
Club Tempada Partidos xogados Goles
Real Madrid 1995-96 9 1
Real Madrid 1996-97 17 0
Real Madrid 1997-98 20 1
Real Madrid 1998-99 36 3
Real Madrid 1999-00 42 8
Real Madrid 2000-01 44 18
Real Madrid 2001-02 45 13
Real Madrid 2002-03 52 11
Real Madrid 2003-04 43 3
Real Madrid 2004-05 39 0
Real Madrid 2005-06 44 6
Real Madrid 2006-07 37 1
Real Madrid 2007-08 39 3
Real Madrid 2008-09 25 3
Total 498 71


Palmarés[editar | editar a fonte]

Durante 14 tempadas no Real Madrid, Guti conseguiu os seguintes títulos:

Ademais, como xogador da Selección nacional de fútbol de España, gañou un Campionato Europeo sub 18 (1995) e un Europeo sub 21 (1998).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]