Jorge Luengo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJorge Luengo
Biografía
Nacemento18 de febreiro de 1984 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Cáceres, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónilusionista
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webWeb de Jorge Luengo

Jorge Luengo, nado en Cáceres o 18 de febreiro de 1984, é un ilusionista, mentalista e presentador español. Gañou en 2009 o II Mundial de Maxia da FISM, celebrado en Pequín, na categoría de Invención, e o Premio Mundial ao Talento da Comisión Europea en 2010 en Bruxelas.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con 15 anos de idade realizou as súas primeiras actuacións. Dous anos despois empezou a actuar todas as semanas. Antes de cumprir a maioría de idade empezou a estudar a primeira das súas tres enxeñarías.[3] Desde entón foi convidado a un gran número de eventos en Europa, entre eles, no Museo do Louvre en París, no Centro de Congresos Pierre Baudis en Tolosa e no O2 Arena de Praga.[4]

Luengo estudou tres enxeñarías e, amais, psicoloxía e neuropsicoloxía. Foi profesor de matemáticas durante case tres anos antes de dedicarse ao ilusionismo en exclusiva. Desde entón ten aparecido en espectáculos de televisión. Tamén é coñecido por hipnotizar en directo a persoeiros como o piloto Marc Márquez.[5]

En 2012 púxolle voz a un mozo meigo en Sorcery, un videoxogo de PlayStation 3.[6]

Como ilusionista, mentalista, mago e conferenciante tamén participou en programas de televisión nacionais. Actuou para personalidades como a Familia real española, Rafael Nadal, Cristiano Ronaldo, Alejandro Sanz, Cristina Pedroche, Joaquín Sabina ou Carlos Baute.[7]

En televisión colaborou nos programas Todo Va Bien, ¡Que tiempo tan feliz!, Cabaret Olé, Hermano mayor, Hoy cocinas tu ou La Mañana. Tivo durante un tempo un programa propio, Desafío Mental, na canle Discovery Max.[8]. Tamén participou como convidado en MasterChef, Zapeando ou Pasapalabra, tanto na súa etapa en Telecinco como en Antena 3.[9]

En 2019 e 2020 presentou dous programas especiais de maxia, 'La Estrella de la Navidad' e 'La Magia del Amor' en Telemadrid. Tamén participou en diversos programas de Canal Extremadura como 'Extremadura Mágica' ou 'Sígueme'.

Desde setembro de 2020 é colaborador habitual do programa "El show de Bertín" en Canal Sur.

Premios[editar | editar a fonte]

Algúns dos premios que obtivo son:

  • Premio Mundial de Invención en Pequín (2009)
  • Premio Mundial ao Talento da Comisión Europea (2010)
  • Primeiro Premio Nacional da Maxia (España)
  • Premio “De pura raza” ao mellor mago do ano (2013).[10]

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Supertrucos mentales para la vida diaria (2018) [11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 20 minutos. "Jorge Luengo se proclama campeón del mundo de magia en Pekín - 20minutos.es" (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2019. 
  2. El Economista. "DMax premia a Jorge Luengo con una serie de magia de cuatro episodios - Ecoteuve, El Economista" (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2019. [Ligazón morta]
  3. Hoy. "Jorge Luengo promociona la 'magia de emprender' en Monesterio - Hoy.es" (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2019. 
  4. Europa Press. "DMAX se pasa al ilusionismo con Jorge Luengo: Desafío mental - Europa Press" (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2019. 
  5. AS TV. "Márquez acabó hipnotizado - AS TV" (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2019. 
  6. La Opinión de Murcia. "El mago Jorge Luengo presta su voz al protagonista de Sorcery - www.laopiniondemurcia.es" (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2019. 
  7. Diario Vasco. "El mago del Rey salta a la tele - Diario Vasco" (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2019. 
  8. ABC. "Jorge Luengo: «No hemos tocado techo. Queda mucha magia por ver» - Abc.es" (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2019. 
  9. Telecinco. "Jorge Luengo y su desatascador mágico mental matemático - Telecinco" (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2019. 
  10. La Rioja.com. "Jorge Luengo - Galardón De pura cepa 2013 al mejor mago - www.larioja.com" (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2019. 
  11. Radio Nacional de España, Las mañanas de RNE. "El mago Jorge Luengo enseña a usar la mente para mejorar nuestra vida en su nuevo libro - rtve.es" (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2019.