Compañía da Baía de Hudson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Compañía da Baía de Hudson (Hudson's Bay Company, en inglés ou HBC) é a mais antiga corporación comercial de América do Norte e unha das mais antigas do mundo aínda en actividade, actualmente ten a súa sede en Toronto. Fundouse en 1670 e controlou o comercio de peles nas colonias británicas de América do Norte por varios séculos.

A rexión onde actualmente se atopan as provincias canadenses de Alberta, Manitoba, Saskatchewan, Nunavut e os Territorios do Noroeste foron gobernadas pola Compañía da Baía de Hudson. Co declive do comercio de peles, a compañía cedeu os seus territorios a Canadá, e pasou a ser vendedora de alimentos aos colonos do oeste de Canadá. Actualmente, a compañía é unha das maiores redes comerciais do país, con tendas por todo o país, que venden unha gran variedade de produtos.

Os ingresos estimados da compañía para 2005 son de 7 mil millóns de dólares canadenses. A sede da compañía encóntrase en Toronto, Ontario.

Goberno corporativo[editar | editar a fonte]

Os miembros actuales da xunta directiva da Compañía da Baía de Hudson son:

Gobernadores[editar | editar a fonte]