Caroline Records
| Caroline Records | |
|---|---|
| Compañía nai | EMI |
| Fundado en | 1973 |
| Fundador | Richard Branson |
| Estado | |
| Distribuidoras | Virgin Records |
| Xénero(s) | punk rock, new wave, jazz, rock progresivo, krautrock, música experimental, música industrial, música electrónica |
| País de orixe | Reino Unido, Estados Unidos |
| Localización | Londres, Nova York |
| Web oficial | http://www.carolinerecords.com/ |
Caroline Records é un selo discográfico que comezou como unha subsidia de Virgin Records durante principios e mediados dos anos 70. O selo orixinalmente especializouse en poñer a prezo accesible discos de artistas principalmente de rock progresivo e jazz, que consideraban que non tiñan un gran tirón no mainstream ou atractivo comercial, pero que a miúdo tiñan un gran interese pola súa creatividade.
A súa primeira edición foi Outside the Dream Syndicate de Toni Conrad e Faust en 1973. O seu logotipo orixinal foi unha variación do dos "xemelgos" de Virgin deseñado por Roger Dean.
Tanto a súa rama británica como a estadounidense son subsidiarias de Caroline Music, que inclue a Caroline Distribution e á súa vez pertence a EMI. Caroline ten ou tivo un feixe de selos subsidiarios como Astralwerks, Gyroscope, Caroline Blue Plate, Rocks the World, Scamp e Passenger.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina do selo (en inglés)