Ian Paice

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ian Paice
Nome completoIan Anderson Paice
Data nacemento29 de xuño de 1948 (75 anos)
Nado enNottingham Inglaterra
Ocupaciónrock drummer e compositor de cancións
Instrumento(s)batería
Relacionado conDeep Purple ,Whitesnake, The Maze
Na rede
IMDB: nm0656671 MySpace: 144017603 Spotify: 2gNdXbhyIbXHWvurrlrUAq iTunes: 18929833 Musicbrainz: 29c11f6b-df9f-454f-964e-75eedadb4a1e Songkick: 2718681 Discogs: 261635 Allmusic: mn0000074359 WikiTree: Paice-143 Deezer: 1577504 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ian Paice, nado en Nottingham o 29 de xuño de 1948, é un batería inglés, de bandas como Deep Purple, Whitesnake e The Maze.

Coñecido coma o Buddy Rich do rock, foi un dos mellores baterías dos anos 70. Conta cunha avanzada técnica, destacando por exemplo, o redobre a unha soa man. Son habituais nel ritmos atresillados tipo shuffle. Adoita usar lentes escuros. Entre as súas influencias están Mitch Mitchell, Tony Meehan e Gene Krupa.

Biografía[editar | editar a fonte]

Comezou a estudar o violín, pero decidiu dedicarse a tocar a batería logo de ver a Gene Krupa. Con 15 anos o seu pai, tamén músico, comproulle o seu primeiro kit de batería. Comezou a tocar na banda do seu proxenitor. Durante os anos 60 tocou en numerosos grupos coma Georgie & the Rave-Ons, The MI 5 (que se converteu en The Maze e gravou 3 sinxelos) ou Rondabout, xunto a John Lord e Ritchie Blackmore, cos que formou Deep Purple en 1968. Tamén formou parte de Withesnake entre 1979 e 1982.

Con Deep Purple banda gravou máis de 20 álbums, sendo o único membro que estivo sempre no grupo. Un dous seus maiores éxitos foi tocando a canción "The Mule" en directo, demostrando as súas habilidades facendo solos.