JUICE

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
JUICE
visión artística da misión
Tipociencia planetaria
FabricanteAirbus Defence and Space
OrganizaciónESA  UE
Data de lanzamento14 de abril de 2023
Foguete portadorAriane 5
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kourou
Obxectivo da misiónXúpiter e a lúa Ganímedes
Masa1900 kg
Esquema de JUICE. A antena está cuberta para protexerse da radiación.
Esquema de JUICE. A antena está cuberta para protexerse da radiación.

Jupiter Icy Moons Explorer (Juice) é unha misión da ESA para a exploración do sistema xoviano, co que se atopará en outubro de 2029, despois de ter engalado a bordo dun Ariane 5 dende o Centro de lanzamento espacial de Kourou, na Güiana Francesa o 14 de abril de 2023[1] [2] [3] (despois de estar previsto no 2022).[4] Ten prevista a súa chegada ó sistema xoviano en 2031, rematando a súa vida cun impacto sobre Ganímedes no 2035.[1] Entre outros aspectos, explorará a habitabilidade dos satélites Ganímedes, Europa e Calisto, con océanos de auga líquida.[5]

A viaxe[editar | editar a fonte]

Na súa viaxe, impulsado por un Ariane 5 na súa última misión, recibirá impulso gravitacional da Terra (3 veces), Venus (1) e Marte (1), así como da Lúa. A orde na asistencia gravitacional será:

Terra-Lúa (agosto 2024)

Venus (agosto 2025)

Terra (setembro 2026, xaneiro 2029)

A asistencia gravitacional Lúa-Terra (LEGA, polas súa siglas en inglés) será a primeira vez que se usa: sobrevó da Lúa, e día e medio despois, sobre a Terra.[1]

Entrará en funcionamento observacional do sistema xoviano seis meses antes da súa chegada, e usará o tirón de Ganímedes para axustarse arredor de Xúpiter. As órbitas sobre Xúpiter serán ecuatoriais e tamén con inclinación abondo para poder estuar os polos do planeta. A misión orbitará por primeira vez sobre lúas doutros planetas. En Ganímedes orbitará primeiro a 5000 km de altura, e despois, a 500 km, en ambos casos en órbita circular.[1]

A máis das órbitas sobre o sistema de Xúpiter, orbitará 12 veces a Ganímedes, 2 a Europa e 21 a Calisto, facendo un total de 35 vós sobre as lúas.

Misión[editar | editar a fonte]

A máis de estudos máis xenéricos sobre todo o sistema de Xúpiter, JUICE procurará evidencias dun océano baixo xeo en Europa e Calisto, lúa que aproveitará para entrar en órbita polar sobre Xúpiter e estudar os seus polos.

En Ganímedes explorará a súa magnetosfera, única entre as lúas do sistema solar.[1]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Os dez instrumentos transportados son:[6]

3GM, (Gravity & Geophysics of Jupiter and Galilean Moons), é un conxunto de instrumentos de radio que comprenden o KaT (Ka transponder), USO (ultrastable oscillator) e o HAA (High Accuracy Accelerometer), para estudar o campo gravitacional de Ganímedes, a extensión dos océanos e a xeofísica nas lúas xeadas e a estrutura da atmosfera e inonosfera de Xúpiter e as súas lúas.

Gala, (GAnymede Laser Altimeter) para o estudo por láser da deformación mareal de Ganímedes e a topografía das lúas xovianas.

JANUS, un sistema de cámara óptica para o estudo de feitos e procesos a escala global, rexional ou local, nas lúas ou en Xúpiter (mapa de nubes) cunha resolución de 2,4 m para Ganímedes e duns 10 km para Xúpiter.

J-MAG é o magnetómetro de Juice, equipado con sensores para caracterizar o campo magnético xoviano e a súa interacción con Ganímedes, así como baixo da superficie dos océanos nas lúas xeadas.

MAJIS (Moons and Jupiter Imaging Spectrometer) observará as características espectrométricas das nubes e constituíntes atmosféricos de Xúpiter, e dos xeos e minerais supreficiais das lúas.

PEP (Particle Environment Package), conxunto de sensores para caracterizar o plasma no sistema xoviano.

RIME (Radar for Icy Moons Exploration), radar capaz de penetrar o xeo para estudar baixo a superficie das lúas xeadas ata uns nove km de profundidade.

RPWI, (Radio and Plasma Wave Investigation), caracterizará emisión de radio e medio de plasma no sistema xoviano.

SWI, (Sub-millimeter Wave Instrument) investigará a estrutura de temperaturas, composición e dinámica da atmosfera de Xúpiter, e das exosferas e superficies das lús.

UVS (UV imaging spectrograph) para o estudo da composición e dinámica das exosferas lunares, a aurora xupiterina e a composición e estrutura da alta atmosfera xoviana en ultravioleta.

A nave[editar | editar a fonte]

A recollida enerxética da nave consta de dez paneis solares de 2,5 m x 3,5 m, cinco a cada beira, que funcionan entre -110 °C e +230 °C,[5] o que fai unha extensión aproveitable de ás solares de 85 m2.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Juice’s journey and Jupiter system tour". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2022-03-30. 
  2. "Juice’s Jovian odyssey". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-06. 
  3. <http://www.esa.int. ESA, ed. "Engala JUICE" (en inglés). Consultado o 14 de abril 2023. 
  4. "Juice’s Jovian odyssey". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-06. 
  5. 5,0 5,1 "Juice solar panels ready to turn into wings". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-10-21. 
  6. "Juice’s instruments". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-06. 
  7. "Juice". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2022-04-05. 

Véxase tamén

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]