Centro Espacial de Kourou
Coordenadas: 5°11′4″N 52°45′45″W / 5.18444°N 52.7625°W
O Centro Espacial de Kourou oficialmente coñecido como Centre Spatial Guyanais o CSG é o lugar de lanzamento da Axencia Espacial Europea no territorio de ultramar da Güiana Francesa, moi preto de Kourou.
Índice |
Historia [editar]
En 1964 o goberno de Francia creouno como base espacial para lanzar satélites. Cando se fundou a Axencia Espacial Europea no ano 1975 Francia ofreceuse a compartir Porto espacial de Kourou coa ESA. A ESA mellorou as instalacións e preparounas para o foguete europeo Ariane.
Plataforma de lanzamento [editar]
A súa situación a unha latitude de 5° 3' a uns 500 Km do Ecuador terrestre fan o luar axeitado para lanzamentos espaciais, permitindo aproveitar a velocidade de rotación de terra gañando empuxe, aforrando combustible e diñeiro.
O centro ten tres zonas de lanzamento.
ELA [editar]
Foi plataforma de lanzamento do foguete Ariane, foi usado para os modelos Ariane 1, Ariane 2 e Ariane 3 os cales foron retirados do servizo en 1989.
ELA 2 [editar]
Foi usado para lanzar Ariane 4 ata o ano 2004.
ELA 3 [editar]
Actualmente úsanse para o lanzamento de Ariane 5.
ELS / Soyuz at CSG [editar]
Plataforma de lanzamento do foguete fabricado por Rusia Soyuz. A plataforma é case idéntica a doutros sitios como Casaquistán e Plesetsk en Rusia e capaz de poñer 3 toneladas en órbita xeoestacionaria no Centro espacial de Kourou comparadas 1'7 toneladas do Cosmódromo de Baikonur. O seu primeiro lanzamento puxo en orbita os dous primeiros satélites do europeo Sistema de Navegación por Satélite Galileo o 21 de novembro de 2011 [1] [2]
Notas [editar]
- ↑ ESA, 20 de setembro de 2011.
- ↑ http://www.esa.int/esaMI/Launchers_Access_to_Space/SEM6JRS4LZE_0.html, 21 outubro de 2011