János Bolyai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
János Bolyai.

János Bolyai, nado o 15 de decembro de 1802 en Kolozsvár (actual Romanía) e finado 27 de xaneiro de 1860, foi un matemático húngaro. Seu pai, Farkas Bolyai, tamén era matemático e amigo de Carl Friedrich Gauss.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos 13 anos xa dominaba o cálculo. Entre 1818 e 1822 estudou no Colexio Real de Enxeñaría en Viena. En 1832 publicou un completo tratado sobre xeometría non euclídea, sen coñecer a Nikolai Lobachevski, que tres anos antes publicara un estudo similar, polo que os seus logros matemáticos non foron merecidamente recoñecidos.

Pertenceu ao corpo de oficiais-enxeñeiros da armada austríaca durante 11 anos, onde se destacou pola súa gran capacidade lingüística, que lle permitiu falar ata nove idiomas estranxeiros (incluído o chinés) e polas súas cualidades de violinista, bailarín e esgrimista.

En 1833, aqueixado de febres, tivo que xubilarse da súa carreira militar. Dende entón adicouse á investigación matemática. Morreu de neumonía, o 27 de xaneiro de 1860 en Marosvásárhely, Hungría.

Na súa honra, déuselle o seu nome a un cráter lunar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: János Bolyai